A constitución e disolución de sociedades ou o aumento e diminución do seu capital, entre outras, son operacións suxeitas á modalidade de operacións societarias, autoliquidándose co modelo 600.

 

QUEN DECLARA O IMPOSTO?

Os socios ou a sociedade, en función da operación que se grave.

 

CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?

Un mes.

 

COMO PRESENTO O IMPOSTO?

Podes presentalo de forma electrónica a través da Oficina Virtual Tributaria, ou ben de forma presencial acudindo a algunha das nosas oficinas.

 

CAL É O TIPO IMPOSITIVO?

O 1%.

 

CITA

Se queres acudir ás nosas oficinas para presentar o imposto con cita, podes pedila a través deste enlace.

 

Temas relacionados Temas relacionados