Guía do imposto Guía do imposto

Artigos 19 a 21 do RDL 1/1993  

Dentro das operacións societarias podemos distinguir:  

Operacións suxeitas e non exentas:

  • A diminución de capital social  
  • A disolución de sociedades.  

Operacións suxeitas e exentas:

  • A constitución de sociedades  
  • O aumento de capital social  
  • As achegas que non supoñen aumento de capital social  
  • O traslado a España da sede de dirección efectiva ou domicilio social (non situados previamente na Unión Europea).  

Operacións non suxeitas:

  • As operacións de reestruturación  
  • Os traslados da sede de dirección efectiva ou do domicilio social dentro da Unión Europea  
  • A modificación da estrutura de constitución ou dos estatutos  
  • A ampliación de capital con cargo exclusivamente á prima de emisión.

Artigo 23 do RDL 1/1993

Os socios son os obrigados ao pagamento en caso de:

  • Diminución de capital social
  • Disolución da sociedade.

A sociedade é a obrigada a presentar o imposto en caso de:

  • Constitución da sociedade
  • Aumento de capital social
  • Achegas que non supoñen aumento de capital social
  • Traslado a España da sede de dirección efectiva ou domicilio social (non situados previamente na Unión Europea).

Artigos 4 e 18 da Orde do 9 de decembro de 2020
A presentación pode ser presencial ou electrónica:

Artigo 17 e disposición adicional segunda da Orde do 9 de decembro de 2020

  • As persoas xurídicas.
  • As entidades sen personalidade xurídica.
  • As persoas que representen a un contribuínte que estea obrigado á presentación electrónica.
  • As persoas ou entidades que exerzan a condición de colaboradores sociais.

Quedan excluídas de presentación electrónica as autoliquidacións complementarias do modelo 600. 

En caso de presentación presencial: 

  • Nunha entidade financeira colaboradora 
  • Mediante tarxeta de débito ou crédito no Terminal de Punto de Venda (TPV) físico das Delegacións da Atriga (co límite de 3.000 € para pagos con tarxeta). 
  • AVISO: As Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario e as de Distrito Hipotecario non dispoñen de TPV físico para realizar o pago nas oficinas. 
  • Mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais. 

No caso de presentación electrónica: 

  • O pago poderá realizarse de forma presencial nas entidades colaboradoras autorizadas para os pagos presenciais con NRC ou mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais, co documento de ingreso telemático presencial (Modelo 717). 
    Unha vez feito, deberá completar a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado "Operacións realizadas", onde introducirá o NRC xerado). 
  • O pago pode realizarse de forma electrónica, no momento da confección, a través de: 
    • Domiciliación bancaria. A conta designada debe cumprir as seguintes condicións:
      - Ser propiedade do obrigado ao pago. 
      - Tratarse dunha conta á vista ou dunha conta de aforro que admita a domiciliación de pagos. 
      - Estar aberta nunha entidade de crédito autorizada para actuar como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga.
    • Cargo en conta. 
    • Pago con tarxeta de débito ou crédito mediante TPV virtual (co límite de 3.000 €).
    • Pago por Bizum

Máis información sobre o xiro postal e Bizum.

Recoñecemento de débeda e pago mediante transferencia: o contribuínte que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria previo recoñecemento da mesma, mediante transferencia bancaria.

Artigo 98 do RD 828/1995

  • Documento ou contrato que recolle a operación. No caso de documentos notariais, xudiciais ou administrativos, presentarase copia auténtica. Se se trata de documentos privados, presentarase o orixinal.  
  • Modelo 600 cumprimentado. 

Artigo 25 do RDL 1/1993

-Na constitución e aumento de capital:

  • Se a sociedade limita a responsabilidade dos socios: o importe nominal máis a prima de emisión;
  • Se a sociedade non limita a responsabilidade dos socios: o valor neto da achega (é dicir, o valor dos bens e dereitos aportados minorado polas cargas e gastos que sexan deducibles e polo valor das débedas que queden a cargo da sociedade).

-Nas achegas dos socios para repoñer perdas: o valor neto da achega.

-No traslado: o haber líquido que a sociedade ten o día do acordo (é dicir, a diferenza entre o valor do activo e o valor do pasivo esixible).

-Na diminución e a disolución: o valor dos bens e dereitos entregados aos socios.

Más información: Preguntas frecuentes en caso de operaciones societarias

Temas relacionados Temas relacionados