Imagen sección Compravenda de vehículos usados

Compravenda de vehículos usados

A adquisición dun vehículo usado está suxeita ao imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e autoliquídase co modelo 620. 

 

QUEN DECLARA O IMPOSTO?

O comprador do vehículo. 

 

CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?

Un mes dende a compra.

 

COMO PRESENTO O IMPOSTO?

Podes presentalo de forma electrónica a través da Oficina Virtual Tributaria, ou ben de forma presencial acudindo a algunha das nosas oficinas. 

 

CAL É O TIPO IMPOSITIVO?

  • Con carácter xeral, o 3%.
  • En caso de vehículos con categoría ambiental 0 emisións, bicicletas, bicicletas de pedais con pedaleo asistido e vehículos de mobilidade persoal, o 0%.
  • En caso de turismos e todoterreos, con uso igual ou superior a quince anos, cota fixa, ata unha cilindrada máxima.
  • En caso de embarcacións de recreo e motores mariños, o 1%.

 

CITA

Se queres acudir ás nosas oficinas para presentar o imposto con cita, podes pedila a través deste enlace.

Se queres acudir ás nosas oficinas para que un funcionario da Atriga che confeccione o modelo 620 con cita, podes pedila a través deste enlace.