Pasos a seguir para a presentación e pagamento telemáticos da taxa fiscal sobre o xogo realizado en bingos
Os suxeitos pasivos da taxa fiscal sobre o xogo realizado en bingos deben cumprir as súas obrigas tributarias telemáticamente, a través das aplicacións informáticas á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria (OVT). Para obter acceso ás devanditas aplicacións é necesario:
- Obter o certificado dixital de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda.
- Obter autorización da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para o acceso á OVT. Para o que é necesario presentar a correspondente solicitude xunto a unha ficha de usuario.
O xogo do bingo está gravado pola taxa fiscal sobre o xogo do bingo creada por Real decreto Lei 16/1977, de 25 de febreiro, polo que se regulan os aspectos penais, administrativos e fiscais dos xogos de sorte, envite ou azar e apostas. Esta taxa é un tributo estatal cuxo rendemento está cedido ás comunidades autónomas.
Os suxeitos pasivos deste tributo deberán autoliguidar e presentar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizados pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta (no suposto de que carecesen da devandita autorización), con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán na oficina virtual tributaria.
As obrigas tributarias relativas a este imposto son as seguintes:
- Alta no Censo electrónico de salas de bingo de Galicia (Cesbiga).
Presentada a solicitude de autorización de acceso á OVT, a Administración tributaria procederá a dar de alta a sala de bingo no Cesbiga.
- Declaración de modificación de datos censuales da sala de bingo.
Se se producise algunha modificación nos datos inscritos no censo, os suxeitos pasivos deben presentar comunicación electrónica mediante o modelo 006 no prazo de vinte días naturais contados desde o momento en que se produza dita modificación.
Tamén se utilizará o modelo 006 para o suposto de cambio de suxeito pasivo.
- A solicitude (modelo S) e subministración de cartóns realízase igualmente de forma telemática, a través da aplicación informática á súa disposición na OVT.
- Presentación e pago de autoliquidación mensual modelo 043.
Débese pagar e presentar autoliquidación por este imposto dentro dos primeiros vinte días de cada mes. Esta autoliquidación referirase ás partidas de bingo celebradas na sala no mes inmediato anterior.
A base impoñible determinarase por:
- Estimación directa, sempre que a sala de bingo conte cun sistema informático homologado. Están obrigados a determinar a base impoñible por este método, os suxeitos pasivos cuxo volume anual de xogo supere o millón de euros.
- Estimación obxectiva, cando non proceda a estimación directa
As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos asociados a autoliquidaciones presentadas a través da OVT son as seguintes:
- Pagamento telemático presencial (con NRC)
- Abanca
- Evo Banco
- La Caixa
- Banco Popular
- Targobank
- Banco Pastor
- Caja Duero
- Pagamento telemático con cargo en conta
- Abanca
- Evo Banco
- La Caixa
- Banco Popular
- Targobank
- Banco Pastor
- Banco Santander
- BBVA
- Banesto
- Caja Duero
- Caja Rural de Zamora
- Caja Rural Galega