Guía de Tributación sobre o Xogo
As actividades de xogo veñen gravadas polos seguintes tributos específicos:
- Imposto sobre as actividades de xogo do ámbito estatal: é un tributo estatal do que o seu rendemento está cedido ás Comunidades Autónomas. É aplicado pola AEAT.
- A taxa fiscal sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias: é un tributo estatal do que o seu rendemento está cedido ás Comunidades Autónomas. Grava as modalidades do xogo de rifas, de tómbolas, das apostas e das combinacións aleatorias. É aplicado pola Comunidade Autónoma de Galicia.
- A taxa fiscal sobre xogos de sorte, envite ou azar: é un tributo estatal do que o seu rendemento está cedido ás Comunidades Autónomas . Grava as modalidades de xogo de máquinas, de bingo, de casinos, de boletos, lotería, concursos e outros xogos. É aplicado pola Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta guía componse dos seguintes apartados