Volver ao contido

Imposto sobre actos xurídicos documentados. Documentos administrativos

Están suxeitas:

  1. A rehabilitación e transmisión de grandezas e títulos nobiliarios.
  2. As anotacións preventivas que cumpran os seguintes requisitos:
    • Que se practiquen en Rexistros Públicos
    • Que teña por obxecto un dereito ou interese avaliable
    • Que non veñan ordenadas de oficio pola autoridade xudicial.

A rehabilitación e transmisión de grandezas e títulos nobiliarios non se atopa cedida ás Comunidades Autónomas, polo que sempre corresponderá a súa xestión á Oficina Nacional de Xestión Tributaria (ONGT) da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT)

Nas anotacións preventivas, a persoa que as solicite.

Servirá de base impoñible nas anotacións preventivas, o valor do dereito ou interese que se garanta, publique ou constitúa

O prazo para a presentación é dun mes, a contar desde a data da devindicación do imposto.

A autoliquidación do imposto, na súa modalidade de actos xurídicos documentos notariais, documento administrativos, realizarase polo modelo 600. Para ese efecto, os obrigados tributarios poderán:

O obrigado tributario accederá á OVT:

  • Se non dispón de sinatura electrónica (certificado dixital ou DNI electrónico) a través de OVTributaria -> Cidadáns -> Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados -> Confección On-line que obterá o modelo de autoliquidación para proceder á presentación presencial (Consulte a guía formas de presentación)
  • Se dispón de sinatura electrónica (certificado dixital ou DNI electrónico) poderá realizar o pago e a presentación do imposto a través da OVTributaria -> Cidadáns à Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados -> Presentación telemática, así como achegar a documentación a través do servizo "Presentación de documentación autoliquidacións"

Se é colaborador social realizarase a presentación do imposto e a achega da documentación polo perfil de colaboradores sociais.

Os modelos xerados a través da plataforma da OVT terán a mesma validez e eficacia que os modelos papel.

A presentación poderá ser presencial ou electrónica.

  • Presentación presencial: realizarase, mediante o modelo papel ou o obtido polo programa de axuda da OVT sen firma dixital, nas delegacións territoriais da Axencia Tributaria de Galicia, así como nas oficinas de distrito hipotecario que teñan encomendada a recepción das devanditas autoliquidacións, con independencia de que non teña atribuídas competencias para a aplicación dos tributos respecto á autoliquidación presentada. Cando da autoliquidación practicada resulte un importe para ingresar, con carácter previo á súa presentación e sen prexuízo da posibilidade de solicitar un aprazamento ou fraccionamento (consulte a guía), os obrigados tributarios realizarán, no seu caso, o pago da débeda tributaria (consulte a guía). Na presentación, unha vez dixitalizada a autoliquidación e a documentación complementaria, devolverase á persoa interesada cos xustificantes de presentación.
    Se se quere acudir ás nosas oficinas para presentar o imposto con cita, pódese pedir a través deste enlace.
  • Presentación electrónica: realizarase a través da OVT, tanto a presentación das autoliquidacións como a da documentación complementaria.

A presentación electrónica das autoliquidacións e, se é o caso, da documentación complementaria ten carácter obrigatorio para os obrigados tributarios seguintes:

  • As persoas xurídicas.
  • As entidades sen personalidade xurídica ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. 
  • As persoas que representen a un contribuínte que estea obrigado á presentación e pago electrónico.
  • As persoas ou entidades que, de acordo co que prevé o artigo 92 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, teñan a condición de colaboradores sociais na aplicación dos tributos e cumpran os requisitos e as condicións que estableza a normativa vixente.

Presentación presencial:

Cando da autoliquidación practicada resulte un importe para ingresar, con carácter previo á súa presentación e sen prexuízo da posibilidade de solicitar un aprazamento ou fraccionamento (consulte esta guía), os obrigados tributarios realizarán, no seu caso, o pago da débeda tributaria:

Pagamento por TPV físico. Xerarase un recibo que o contribuínte deberá conservar, no que se identificará o importe, a data do ingreso, así como o NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pago do número de autoliquidación impreso no mesmo.

Pagamento en entidade colaboradora. A entidade colaboradora quedará co seu exemplar e devolverá ao contribuínte o resto de exemplares co selo da entidade, a data do ingreso e o importe ingresado. O devandito documento servirá de xustificante de pago do número da autoliquidación impreso nel.

Pagamento por xiro postal. O pago deberá realizarse pola totalidade do importe a ingresar, sen que caiba a posibilidade de realizar ingresos parciais.

No momento do pagamento, Correos entregará ao usuario un resgardo do xiro postal. O pago considerarase efectuado na data en que o xiro postal sexa imposto, con independencia da data en que os fondos sexan ingresados na conta restrinxida de recadación.

Correos cobrará aos seus clientes as tarifas ou demais cantidades que teña estipuladas pola prestación do servizo de xiro que non se considerarán importes pagados á Administración e quedan excluídas da relación xurídica existente entre a persoa obrigada ao pagamento e a Atriga.

O pago por xiro postal non exime do deber de presentar ante a Administración a autoliquidación e demais documentación complementaria.

Presentación telemática:

Se da autoliquidación practicada resulta un importe para ingresar, con carácter previo á súa presentación e sen prexuízo da posibilidade de solicitar un aprazamento ou fraccionamento (consulte esta guía), os obrigados tributarios realizarán, se é o caso, o pago da débeda tributaria:

  1. De forma presencial con NRC en calquera das entidades colaboradoras autorizadas para pagos presenciais con NRC ou mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no ámbito rural, a través dos carteiros rurais por medio de dispositivos  PDAs co documento de ingreso que para estes efectos xerará a aplicación informática e imprimirá o usuario.
    Pagamento en entidade colaboradora. A aplicación informática xerará dúas copias do documento de ingreso debidamente cuberto. Co devandito documento acudirase á entidade financeira colaboradora para a realización do pago, que  quedará co exemplar para a entidade e devolverá ao obrigado tributario o exemplar para o interesado co selo da entidade, data do ingreso, número e importe, así como co NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pago do número de autoliquidación impreso neste.
    A continuación deberá completar a presentación da autoliquidación na aplicación informática, Operacións realizadas, onde incluirá o número NRC identificativo do ingreso que consta no documento facilitado pola entidade colaboradora.
    Pagamento por xiro postal. O pago deberá realizarse pola totalidade do importe a ingresar, sen que caiba a posibilidade de realizar ingresos parciais.
    O pago considerarase efectuado na data en que o xiro postal sexa imposto, con independencia da data en que os fondos sexan ingresados na conta restrinxida de recadación.
    No momento do pago, Correos entregará ao usuario un resgardo do xiro postal co NRC.
    A continuación, deberá completar a presentación da autoliquidación na aplicación informática, Operacións realizadas, onde incluirá o número  NRC identificativo do ingreso que consta no resgardo facilitado por Correos. O documento de autoliquidación expedido por  Atriga servirá de xustificante de presentación e de pago do imposto.
    Correos cobrará aos seus clientes as tarifas ou demais cantidades que teña estipuladas pola prestación do servizo de xiro que non se considerarán importes pagados á Administración e quedan excluídas da relación xurídica existente entre a persoa obrigada ao pagamento e a Atriga.
  2. De forma electrónica, o usuario accederá ás aplicacións específicas a través da OVT da Atriga e efectuará o pago da correspondente autoliquidación a través das entidades de crédito colaboradoras para ese efecto ou mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda (TPV)* virtual ou por Bizum.
    *Aviso: Existe un límite para pagos con tarxeta de crédito ou débito de 3.000 €.
    Unha vez realizado o pago, a aplicación informática xerará o recibo que o contribuínte deberá conservar, no que se identificará o número da conta que realiza o pago, data do ingreso, importe, NIF e nome do obrigado ao pago, así como o NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pago do número de autoliquidación impreso neste.
    Tamén poderá utilizar a domiciliación bancaria como medio de pago das débedas resultantes. As contas designadas polos obrigados ao pago para o cargo do importe das débedas domiciliadas deberán cumprir as seguintes condicións:
  • Ser de titularidade do obrigado ao pago.
  • Tratarse dunha conta á vista ou dunha conta de aforro que admita a domiciliación de pagos.
  • Estar abertas nunha entidade de crédito autorizada para actuar como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga.

Carecerán de efectos as ordes de domiciliación en contas que non reúnan os requisitos anteriores, polo que o obrigado deberá responder ante a Atriga da posible falta de pagamento ou do pago fóra de prazo do importe domiciliado.
O pago das débedas domiciliadas considerarase efectuado na data na que se produza o cargo na conta do obrigado, carecendo de efectos fronte á Atriga a data na que a entidade colaboradora valore contablemente a operación de cargo

O obrigado tributario debe presentar a seguinte documentación: 

  1. O documento en que se conteña ou constate o feito impoñible suxeito a gravame. No caso de documentos xudiciais ou administrativos, deberase presentar copia auténtica do documento.
  2. Modelo 600 de autoliquidación

Á parte das posibles consecuencias derivadas da falta de presentación e ingreso, comúns a todos os impostos, os imposto actos xurídicos documentados posúe certas garantías para a súa presentación que convén ter en conta. Así a súa non presentación pode implicar que: 

  • os rexistros públicos non admitirán para a súa inscrición ningún documento que conteña actos ou contratos suxeitos.
  • os documentos en que conste o feito impoñible non se admitirán nin producirán efecto en oficinas ou rexistros públicos.

Nota: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro do Real Decreto Lexislativo 1/1993, de 24 de setembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Imposto sobre Transmisións patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (B.O.E. 20/10/1993), e no Real Decreto 828/1995, de 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Transmisións patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (B.O.E. 22/6/1995) e da ORDE do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria. A estes efectos acompáñase o texto íntegro das normas antes citadas para a súa consulta.