Volver ao contido

Normativa vixente (versión electrónica)

Coa finalidade de difundir o coñecemento e de facilitar a consulta da normativa aplicable no ámbito das taxas e dos prezos nesta Comunidade Autónoma, naceu a compilación presente, denominada NORMATIVA VIXENTE. Nun esforzo máis por acercar as normas aos seus destinatarios compílanse nun tomo electrónico no que podedes achar a normativa actualizada á data que figura no lombo deste libro electrónico.

A normativa vixente en materia de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia podédela consultar igualmente na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública (http://www.conselleriadefacenda.gal/), na Área TRIBUTOS, no enlace "Taxas e prezos", no que están accesibles os diferentes enlaces á información de taxas e prezos e, entre eles e en primeiro lugar, o enlace á normativa vixente denominado "Normativa asociada".