Decreto 123/1985, de 2 de maio, polo que se fixan os precios públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 126 de 3 de xullo de 1985).
Conforme ó artigo 44 do Estatuto de Autonomía , a facenda da Comunidade Autónoma constitúese, entre outros rendementos polos ingresos de dereito privado, ben consistan estes en froitos, rendas e intereses de bens e dereitos patrimoniais, ben en rendementos e ingresos de servizos e actividades que non teñan natureza tributaria.
Pola súa parte, a Lei orgánica 8/1980, de 22 de setembro, de financiamento das Comunidades Autónomas no seu artigo cuarto se pronuncia en idéntico sentido.
O artigo 18 da Lei 1/1985, de 10 de xaneiro , de Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma, ademais de conter o concepto do que ha de entenderse por prezo público, establece que a Xunta fixará os que deban de ser exixibles pola Administración Autonómica.
Na súa virtude, en cumprimento do disposto no citado artigo 18 da Lei 1/1985, de 10 de xaneiro (citada), a proposta do Conselleiro de Economía e Facenda e previa deliberación do Consello da Xunta en reunión do día dous de maio de mil novecentos oitenta e cinco,
dispoño:
Articulo único.
As tarifas exixibles polos prezos públicos a que se refire o artigo 18 da Lei do Parlamento de Galicia 1/1985, de 10 de xaneiro de Presupostos Xerais de la Comunidade Autónoma de Galicia para 1985 son as que se fixan nos anexos de este Decreto.
Disposición final.
O presente Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».
(...)
ANEXO 2
Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas
(...)
Tipo de maquinaria | Tarifa en Ptas./hora (1) |
---|---|
Bulldózer | 1.420 (8,50 €) |
Pala cargadora de neumáticos | 1.220 (7,32 €) |
Pala cargadora de cadenas | 1.340 (8,04 €) |
Retroexcavadora | 1.240 (7,38 €) |
Motoniveladora | 1.700 (10,22 €) |
Rodillo compactador | 985 (5,92 €) |
A utilización desta maquinaria implicará, ademais, o pagamento das dietas que teña dereito a percibi-lo persoal adscrito ós servicios e encargado do seu mantemento e operación. Este importe será o fixado pola normativa vixente en cada momento.
ANEXO 3
Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración
Secretaría Xeral Técnica
- Servizo: Lecer
- Estadía e mantenza de residentes:
- Temporada baixa-media: 1000 ptas./día (6,01 €)
- Temporada Alta: 1.500 ptas/día (9,01 €)
- Estadía e mantenza de residentes:
- Servizo de comedor:
- Abonamento semanal: 6.000 ptas/día (36,06 €)
- Abonamento diario: 950 ptas/día (5,70 €)
- Xantar: 550 ptas/día (3,30 €)
- Cea: 400 ptas/día (2,40 €)
- Almorzo: 100 ptas/día (0.60 €)
- Estadía: descontos
- Nenos ata 12 años: 50% da estadía.
- Maiores de 60 anos, en temporada baixa e media: 10% de desconto.
- Comedor: recargos:
- Abonamento diario, almorzo, comida e cea os sábados, domingos e festivos: 10% de incremento.
Dirección General de Seguridad Social e Servizos Sociais. Servizos: Centros Sociais.
- Residencias de anciáns. (Nosa Señora.dos Miragres e a Miragrosa).
- Os que perciban a pensión asistencial regulada no R.D. 2620/1981, de 24 de xullo, pensións do F.A.S., aboarán o 50 por cento da cantidade que perciban, excepto as pagas extraordinarias da pensión que quedarán integramente a disposición de seus perceptores.
- Os que reciban outras pensións, rendas de bens ou calquera outro tipo de ingresos, aboarán o 75 % das cantidades que perciban, excepto das pagas extraordinarias das pensións que quedarán integramente a disposición dos seus perceptores.
- Cando os dous cónxuxes dun matrimonio sexan beneficiarios nestas residencias, a cota que deban aboar se fixará individualmente de acordo cos ingresos de cada un deles.
- En ningún caso, a cota a satisfacer poderá ser superior ao custe da praza, sendo este o máximo a aboar en todos os supostos.
- Centros de atención especializada a minusválidos psíquicos. (Santiago Apóstolo.)
- Cando os minusválidos estean acollidos nos centros en réxime de internado aboarán a cantidade de 10.000 ptas. mensuais (2).(60,10 €)
- Se os beneficiarios están atendidos en réxime de media pensión aboarán 4.830 ptas. (29.,05 €) mensuais.
- Sobre estas cantidades se aplicarán as exencións totais e parciais de acordo co procedemento para a aplicación da tarifa de prezos.
- Os minusválidos atendidos tanto en réxime de internado, como de media pensión aboarán a aportación económica establecida para os beneficiarios da Seguridade Social, así como calquera outra pensión, beca ou axuda que reciban para finalidades que inclúan expresamente a asistencia especializada.
- Os beneficiarios internos e medio pensionistas que perciban as pensións asistenciais reguladas no R.D. 2620/1981, de 24 de xullo (citado), aboarán as duas terceiras partes do seu importe, sen que en ningún caso, superen las tarifas base establecidas nos anteriores apartados 1 e 2. As duas mensualidades que con carácter extraordinario se conceden nos meses de xullo e decembro se percibirán integramente polos interesados.
- Os beneficiarios internos e medio pensionistas que perciban o subsidio de garantía de ingresos mínimos previsto na disposición adicional terceira do R.D. 383/1984, de 1 de febreiro , que regula o sistema especial de prestacións sociais e económicas previsto na Lei 13/82, de 7 de abril, de integración social do minusválido (LISMI); igual que no apartado anterior.
- Clubs de anciáns.
- Os que perciban a pensión asistencial regulada no R.D. 2620/81, de 24 de xullo aboarán a cantidade de 2.500 ptas. (15,03 €) ó mes.
- Os que perciban outras pensións, rendas de bens ou calquera tipo de ingresos, aboarán a cantidade de 5.000 ptas. (30,05 € ) ó mes
- Garderías infantís e xardíns maternais.
O prezo destes servizos será de 5.000 ptas. (30,05 € ) al mes, sobre este prezo se aplicarán as exencións totais e parciais de acordo co procedemento para a aplicación da tarifa de prezos. - Residencias e fogar de xoves.
O prezo destes servizos será de 10.000 ptas. (60,10 €) ao mes, sobre este prezo se aplicarán as exencións totais e parciais de acordo co procedemento para a aplicación da tarifa de prezos.
Os beneficiarios internos aboarán a beca ou axuda que reciban para finalidades que inclúen a asistencia que reciben nos centros.
Procedimientos para la aplicación de la tarifa de precios.
Para a determinación da tarifa que corresponde a cada solicitante dunha praza se terá en consideración a renda per cápita mensual da seguinte forma:
- Centros de atención especializada a minusválidos psíquicos.
- Internado.
- Menos de 15.000 ptas. (90,15 €), exento total.
- De 15.000 a 20.000 ptas. (90,15 € a 120,19 €), 25 % tarifa, 2.500 ptas.(15,03 €).
- De 20 000 a 25.000 ptas. (120,20 € a 150,25 €), 50 % tarifa, 5.000 ptas. (30,05 €).
- De 25.000 (150,25 € ) en adelante, total tarifa, 10.000 ptas. (60,10 €).
- Media pensión.
- Menos de 15.000 ptas. (90,15 €), exento total.
- De 15.000 a 20.000 ptas.( 90,15 € a 120,19 €), 25 % tarifa, 1.207 ptas.( 7,25 €)
- De 20.000 a 25.000 ptas. (120,20 € a 150,25 €), 50 % tarifa, 2.415 ptas.( 14,51 €).
- De 25.000 (150,25 €) en adelante, total tarifa, 4.830 ptas.(29,05 €).
- Internado.
- Residencias e fogares de xoves.
- Menos de 15.000 ptas., exento total.
- De 15.000 a 20.000 ptas., 25 % tarifa, 2.500 ptas. .( 15,023€).
- De 20.000 a 25.000 ptas., 50 % tarifa, 5.000 ptas. .(30,05 €).
- De 25.000 en adiante, total tarifa, 10.000 ptas. .(60,10 €).
- Garderías infantís e xardíns maternais.
- Menos de 10.000 ptas . .(60,10 €), exento total.
- De 10.000 ptas. a 12.000 ptas. 10 % tarifa, 500 pesetas. .( 3,00€).
- De 12.000 ptas. a 15.000 ptas. 20 % tarifa, 1.000 pesetas. .( 6,01€).
- De 15.000 ptas. a 17.000 ptas., 30 % tarifa, 1.500 pesetas. .(9,02€).
- De 17.000 ptas. a 20.000 ptas. 40 % tarifa, 2.000 pesetas. .( 12,02€).
- De 20.000 ptas. a 25.000 ptas. 50 % tarifa, 2.500 pesetas. .( 15,023€).
- De 25.000 en adelante, 100 % tarifa, 5.000 ptas. .(30,05 €).
A renda per capita a ter en conta obtén-se da suma dos ingresos totais da unidade familiar, divididos polo número de membros.
ANEXO 4
Consellería de Agricultura, Pesca y Alimentación
Centro Galego de Tecnología Agraria e Pesqueira.
Venda de produtos:
- Leite: precio mínimo sinalado pola normativa vixente.
- Gando vivo para carne: cotización de mercado nacional e lonxas oficiais.
(...)
Dirección Xeral Do Forestal e do medio ambiente Natural
- Servicio forestal
- Madeira: venda en subasta, con precio dependendo da súa calidade e dimensións
(1) Cantidade expresada co equivalente en euros como consecuencia da súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introdución do Euro.
(2) Cantidade expresada co equivalente en euros como consecuencia de súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introducción do Euro.
Data publicación
25/10/2008
Tipo de disposición
Decreto
Tipo de Contido
Axuda
Estado
Vixente
Orixe
Autonómica