Volver ao contido

Guía do Imposto sobre o Patrimonio

O Imposto sobre o patrimonio é un tributo de carácter directo e natureza persoal, que grava o patrimonio neto das persoas físicas nos termos previstos na Lei. Por patrimonio neto enténdese o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular, con dedución de cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como das débedas e outras obrigacións persoais das que deba responder o suxeito pasivo.

O imposto está regulado na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, así como no Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado polo que a Comunidade Autónoma, no exercicio das competencias normativas asumidas conforme ao artigo 47 da Lei 22/2009, do 18 de decembro, pola que se regula o sistema de financiamento das Comunidades Autónomas de réxime común e Cidades con Estatuto de Autonomía e modifícanse determinadas normas tributarias, aproba o mínimo exento, o tipo de gravame e deducións e bonificacións na cota.

Conta con máis información do Imposto sobre o Patrimonio na páxina web da Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Están obrigadas a presentar declaración por este imposto, xa o sexan por obriga persoal ou por obriga real, os suxeitos pasivos cuxa cota tributaria, determinada de acordo coas normas reguladoras do imposto e unha vez aplicadas as deducións ou bonificacións que procederen, resulte a ingresar, ou cando, non dándose esta circunstancia, o valor dos seus bens ou dereitos, determinado de acordo coas normas reguladoras do imposto, resulte superior a 2.000.000 euros.

A declaración efectuarase na forma, prazos e modelos que estableza o titular do Ministerio de Facenda, que poderá establecer os supostos e condicións de presentación das declaracións por medios telemáticos.

O prazo de presentación das declaracións do imposto sobre o patrimonio, exercicio 2022, será o comprendido entre os días 11 de abril e 30 de xuño de 2023 ambos inclusive, sen prexuízo do prazo especificamente establecido para a domiciliación bancaria do pago das débedas tributarias resultantes das mesmas (Orde HFP/310/2023, do 28 de marzo).

A domiciliación bancaria das declaracións do Imposto de Patrimonio poderá realizarse desde o día 11 de abril ata o 27 de xuño de 2023, ambos inclusive.

Os suxeitos pasivos deberán cumprir a totalidade dos datos que lles afecten contidos nas declaracións, acompañar os documentos e xustificantes que se establezan e presentalas nos lugares que determine o titular do Ministerio de Facenda.

A declaración do Imposto sobre o patrimonio presentarase de forma obrigatoria por vía electrónica a través de Internet, conforme ao establecido nos apartados a) e c) do artigo 2 da Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro, pola que se regulan os procedementos e as condicións xerais para a presentación de determinadas autoliquidacións, declaracións informativas, declaracións censuais, comunicacións e solicitudes de devolución, de natureza tributaria e de acordo co procedemento establecido nos artigos 7 a 11 da devandita Orde.

Os suxeitos pasivos do Imposto sobre o patrimonio deberán presentar necesariamente por medios electrónicos a declaración correspondente a este imposto, con suxeición as condicións establecidas no artigo 6 da Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro.

Os suxeitos pasivos están obrigados a presentar declaración, a practicar autoliquidación e, no seu caso, a ingresar a débeda tributaria no lugar, forma e prazos que se determinen polo titular do Ministerio de Facenda

A declaración do imposto sobre o patrimonio presentarase necesariamente por medios electrónicos, con suxeición ás formas de presentación establecidas no artigo 6 de  Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro, pola que se regulan os procedementos e as condicións xerais para a presentación de determinadas autoliquidacións, declaracións informativas, declaracións censuais, comunicacións e solicitudes de devolución, de natureza tributaria e coas condicións do artigo 2 da devandita Orde e de acordo co procedemento establecido nos artigos 7 a 11 do mesmo corpo legal.

Os modelos de declaración e de documento de ingreso do imposto sobre o patrimonio consisten en:

  1. Modelo D-714. "Imposto sobre o patrimonio. Declaración. Exercicio 2022"
  2. Modelo 714. "Imposto sobre o patrimonio 2022. Documento de ingreso"

Os bens e dereitos atribuiranse a aquelas persoas ás que lles correspondan segundo as normas aplicables sobre titularidade xurídica.

A estes efectos haberá que ter en conta no caso de matrimonio, o réxime económico do mesmo. Así, se se trata de gananciais, atribuirase por metade a cada un, salvo que se xustifique outra cota de participación.

En todo caso, cando non resulte debidamente acreditada a titularidade de bens ou dereitos, a Administración Tributaria terá dereito a considerar como titular a quen figure como tal nun rexistro fiscal ou outros de carácter público.

Os bens inmobles compútanse polo maior dos seguintes valores: 

  • valor catastral
  • prezo, contraprestación ou valor de adquisición
  • o comprobado pola Administración a efectos doutros tributos (Ex. Imposto sobre sucesións ou Imposto sobre transmisións).

Computaranse polo maior dos seguintes valores: 

  • saldo a 31 de decembro
  • saldo medio correspondente ao último trimestre do ano.

Para calcular ese saldo medio non se computarán os fondos retirados para a adquisición de bens e dereitos que figuren no patrimonio (incluso un novo depósito) ou para a cancelación ou reducción de débedas.
 

Compútanse polo seu valor de mercado. Porén, pódense empregar as táboas de valores de vehículos que aproba o Ministerio de Hacienda.

Este límite ten por finalidade evita-lo efecto confiscatorio, por lo que intenta asegurar que o contribuínte obtén rendas abondas para facer fronte ao pago do imposto sobre o patrimonio e do imposto sobre a Renda.

A mecánica do límite de cota íntegra é o seguinte:

  • tomarase a cantidade que se paga polos dous impostos (suma da cota íntegra do I.R.P.F. e da cota íntegra do IP)
  • compararase a cantidade anterior co 60% da base impoñible do I.R.P.F.
  • No suposto de que a suma de ámbalas dúas cotas supere o límite anterior, reducirase a cota do Imposto sobre o Patrimonio no exceso, sen que a reducción poida exceder do 80 %, o que dá lugar a unha tributación mínima do 20% sobre a cota inicial.

No imposto sobre o patrimonio, os dereitos consolidados dos partícipes nun plan de pensións están exentos.

Existen dous tipos de exencións para estas actividades:

  1. Están exentos os bens e dereitos das persoas físicas necesarios para e desenrolo da súa actividade empresarial, sempre que esta se exerza de forma habitual, persoal e directa polo suxeito pasivo e constitúa a súa principal fonte de renda.
  2. Está exenta a plena propiedade, a núa propiedade e o dereito de usufruto vitalicio sobre as participacións en entidades, con ou sen cotización en mercados organizados, sempre que concorran as condicións seguintes:
    1. Que a entidade, sexa ou non societaria, non teña por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario. Entenderase que unha entidade xestiona un patrimonio mobiliario o inmobiliario e que, polo tanto, non realiza unha actividade económica cando concorran, durante mais de 90 días do exercicio social, calquera das condicións seguintes:
      1. Que máis da metade do seu activo estea constituído por valores ou
      2. que máis da metade do seu activo non estea afecto a actividades económicas.

      Aos efectos previstos nesta letra:

      1. Para determinar si existe actividade económica ou si un elemento patrimonial se atopa afecto a ela, estarase ao disposto no Imposto sobre la Renda das Persoas Físicas.
      2. Tanto o valor do activo como o dos elementos patrimoniais non afectos a actividades económicas será o que se deduza da contabilidade, sempre que ésta reflicte fielmente a verdadeira situación patrimonial da sociedade.

      A efectos de determinar a parte do activo que está constituída por valores ou elementos patrimoniais non afectos:

      1. Non se computarán os valores seguintes:
        1. Os posuídos para dar cumprimento a obrigacións legais regulamentarias.
        2. Os que incorporen dereitos de crédito nacidos de relacións contractuais establecidas como consecuencia do desenrolo de actividades económicas.
        3. Os posuídos por sociedades de valores como consecuencia do exercicio da actividade constitutiva do seu obxecto.
        4. Os que outorguen, polo menos, o cinco por cento dos dereitos de voto e se posúan coa finalidade de dirixir e xestionar a participación sempre que, a estes efectos, se dispoña da correspondente organización de medios materiais e persoais, e la entidade participada non estea comprendida nesta letra
      2. Non se computarán como valores nin como elementos non afectos a actividades económicas aqueles cuxo prezo de adquisición non supere o importe dos beneficios non distribuídos obtidos pola entidade, sempre que ditos beneficios proveñan da realización de actividades económicas, co límite do importe dos beneficios obtidos tanto no propio ano como nos últimos 10 anos anteriores. A estes efectos, asimílanse ós beneficios procedentes de actividades económicas os dividendos que procedan dos valores a que se refire o último inciso do parágrafo anterior, cando os ingresos obtidos pola entidade participada procedan, polo menos no 90 por 100, da realización de actividades económicas.
    2. Que a participación do suxeito pasivo no capital da entidade sexa polo menos do 5 por 100 computado de forma individual, ou do 20 por 100 conxuntamente co seu cónxuxe, ascendentes, descendentes ou colaterais de segundo grado, xa teña a súa orixe el parentesco na consanguinidade, na afinidade ou na adopción.
    3. Que o suxeito pasivo exerza efectivamente funciones de dirección na entidade, percibindo por elo unha remuneración que represente mais do 50 por 100 da totalidade dos rendementos empresariais, profesionais e de traballo persoal.

A efectos do cálculo anterior, non se computarán entre os rendementos empresariais, profesionais e de traballo persoal, os rendementos da actividade empresarial a que se refire número un deste apartado.

Cando a participación na entidade sexa conxunta con algunha o algunhas persoas ás que se refire a letra anterior, as funcións de dirección e as remuneracións derivadas da mesma deberán de cumprirse polo menos nunha das persoas do grupo de parentesco, sen prexuízo de que todas elas teñan dereito á exención.

A exención so alcanzará ao valor das participacións, determinado conforme ás regras que se establecen no artigo 16.un desta Lei, na parte que corresponda á proporción existente entre os activos necesarios para o exercicio da actividade empresarial o profesional, minorados no importe das débedas derivadas da mesma, e o valor do patrimonio neto da entidade, aplicándose estas mesmas regras na valoración das participacións de entidades participadas para determinar o valor das da súa entidade tenedora.

No suposto de obriga persoal, a base impoñible reducirase, en concepto de mínimo exento, no importe que se aprobase pola Comunidade Autónoma. Se a comunidade Autónoma non regulase o mínimo exento a que se refire o apartado anterior, a base impoñible reducirase en 700.000 euros.

Na Comunidade Autónoma de Galicia  está aprobado no artigo 13 do Decreto Lexislativo 1/2011, de 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos, un importe de mínimo exento de 700.000 euros.

O mínimo exento sinalado no apartado anterior será aplicable no caso de suxeitos pasivos non residentes que tributen por obriga persoal de contribuír e aos suxeitos pasivos sometidos a obriga real de contribuír.

Nota: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do Imposto sobre o Patrimonio nin do Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado.