Guía do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas é un tributo cedido de carácter persoal e directo que grava a renda das persoas físicas de acordo coas súas circunstancias persoais e familiares e actualmente encóntrase regulado en:
- Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio (BOE 29-novembro-2006), e
- Real Decreto 439/2007, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e se modifica o Regulamento de Plans e Fondos de Pensións , aprovado polo Real Decreto 304/2004, do 20 de febreiro. (BOE 31-marzo-2007).
A información sobre o IRPF pode obterse consultando na páxina web da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
No uso das competencias normativas que o artigo 46 Lei 22/2009, do 18 de decembro, pola que se regula o sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía e se modifican determinadas normas tributarias lle atribúe as Comunidades Autónomas, a Xunta de Galicia aprobou a escala autonómica e as deducións seguintes:
Tipo | Dedución | ||
Dedución por nacemento ou adopción de fillos | Dedución na cota íntegra autonómica por cada nado ou adoptado no período impositivo, que conviva co contribuínte na data da devindicación do imposto, a seguinte contía:
A contía incrementarase nun 20 % para os contribuíntes residentes en municipios de menos de 5.000 habitantes e nos resultantes de procedementos de fusión ou incorporación. A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes ao nacemento ou adopción, sempre que o fillo nado ou adoptado conviva co contribuínte na data de devindicación do imposto que lle corresponda a cada un deles, segundo as seguintes contías e límites de renda:
Cando, no período impositivo do nacemento ou adopción, ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os proxenitores a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles. As contías fixadas por esta dedución duplicaranse no caso de que o nacido ou adoptado teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % | ||
Dedución por familia numerosa | O contribuínte que posúa o título de familia numerosa na data de devindicación do imposto poderá deducir da cota íntegra autonómica as seguintes cantidades:
A dedución será de 500 e 800 euros respectivamente cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 %. Esta dedución practicarase polo contribuínte con que convivan os restantes membros da familia numerosa. Cando convivan con máis dun, o importe será rateado por partes iguais. | ||
Dedución por acollemento | 300 €, por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia, sempre que:
Non dará lugar a esta dedución o suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se produciu a adopción do menor durante o período impositivo, sen prexuízo da aplicación, se for o caso, da dedución por adopción. No caso de acollemento de menores por matrimonio, ou polas parellas de feito a que se refire a disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles, de optaren pola declaración individual. | ||
Dedución por coidado de fillos menores | Poderán deducirse os contribuíntes un 30 % das cantidades satisfeitas no período por deixar os seus fillos menores ao coidado dunha persoa empregada do fogar ou en escolas infantís 0-3 anos poderán deducir da cota íntegra autonómica o 30 % das cantidades satisfeitas no período, co límite máximo de 400 euros, 600 € se teñen dous ou máis fillos, sempre:
Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles. | ||
Dedución por suxeitos pasivos discapacitados, de idade igual ou superior a sesenta e cinco anos, que precisen axuda de terceiras persoas | 10 % das cantidades satisfeitas aos terceiros, cun límite máximo de 600 euros, sempre que:
| ||
Dedución por aluguer de vivenda habitual | 10% de las cantidades satisfeitas durante o período impositivo, con un límite de 300 € por contrato de arrendamento, que será del 20 % con un límite de 600 euros si ten dous ou máis fillos menores de idade,a condición de que concorran os seguintes requisitos:
As contías fixadas por esta dedución duplicaranse no caso de que o arrendatario teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Cando, cumprindo estes requisitos, dous contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o importe total desta, sen exceder o límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles. No caso de tributación conxunta o requisito da idade deberá cumprilo polo menos un dos cónxuxes ou, se for o caso, o pai ou a nai. | ||
| O 30 % das cantidades satisfeitas no concepto de cota de alta e cotas mensuais, cando accedan á internet mediante a contratación de liñas de alta velocidade cun límite máximo de 100 euros cos seguintes requisitos:
| ||
| 20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións ou participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, sociedades laborais ou cooperativas, co límite de 4.000 euros, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.
| ||
Dedución por inversión na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación e o seu financiamento | Poderán deducir na cota íntegra autonómica, e cun límite conxunto de 20.000 euros, as seguintes cantidades:
Deberanse cumprir os seguintes requisitos:
Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.
| ||
Dedución por inversión en accións de entidades que cotizan no segmento de empresas en expansión do Mercado Alternativo bolsista | 15 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital subscritos por medio do segmento de empresas en expansión do mercado alternativo bolsista, aprobado por acordo do Consello de Ministros do 30 de decembro de 2005, cun límite de 4.000 euros. A dedución total calculada conforme o parágrafo anterior ratearase por partes iguais no exercicio en que se realice o investimento e nos tres exercicios seguintes. Deben cumprirse os seguintes requisitos:
Os requisitos indicados nas letras a) e c) anteriores deberán cumprirse durante todo o prazo de mantemento indicado na letra b), que se contará desde a data de adquisición da participación.
O incumprimento dos requisitos anteriores comporta a perda do beneficio fiscal. A dedución contida neste artigo resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 10 anteriores. | ||
Dedución por doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico e innovación tecnolóxica | Dedución do 25% da cota íntegra autonómica do imposto, ata o límite do 10 % da devandita cota dos donativos monetarios que se fagan a favor de centros de investigación adscritos a universidades galegas e dos promovidos ou participados pola Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto o fomento da investigación científica e o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicos. A dedución queda condicionada á xustificación documental axeitada e suficiente dos presupostos de feito e dos requisitos que determinan a súa aplicabilidade. En particular, as entidades beneficiarias destes donativos deben enviar á Axencia Tributaria de Galicia, dentro dos primeiros vinte días de cada ano, unha relación das persoas físicas que efectuaron donativos durante o ano anterior, coa indicación das cantidades doadas por cada unha destas persoas. | ||
Dedución por investimento en instalacións de climatización e/ou auga quente sanitaria que empreguen enerxías renovables na vivenda habitual e destinadas exclusivamente ao autoconsumo | Dedución na cota íntegra autonómica o 5 % das cantidades satisfeitas no exercicio pola instalación na vivenda habitual de sistemas de climatización e/ ou auga quente sanitaria nas edificacións que empreguen fontes de enerxía renovables, e cun límite de 280 € por suxeito pasivo. Enténdese por enerxías renovables aquelas ás que se refire o artigo 2 da Directiva 2009/28/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2009, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables e pola que se modifican e se derrogan as directivas 2001/77/CE e 2003/30/CE. No caso de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal que sexan de nova construción ou nos que se proceda á substitución dos equipos de xeración térmica por outros que empreguen enerxías renovables, esta dedución poderá aplicala cada un dos propietarios individualmente na porcentaxe que lle corresponda na comunidade de propietarios. A base desta dedución estará constituída polas cantidades efectivamente satisfeitas na totalidade da instalación, isto é, sistema de xeración, sistema de emisión térmica e sistema de captación, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito, aos instaladores habilitados que realicen a instalación. En ningún caso darán dereito a practicar esta dedución as cantidades satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal. Só se poderá practicar a dedución se se cumpren os seguintes requisitos:
No caso de que a instalación se realice nunha vivenda unifamiliar, esta documentación será achegada polo suxeito pasivo. De se tratar de edificios en réxime de propiedade horizontal, será achegada polo representante legal da comunidade de propietarios ou por unha persoa autorizada para o efecto. Para poder practicarse esta dedución debe constar na declaración tributaria do suxeito pasivo a referencia ao código da instalación proporcionado pola OVI no certificado de rexistro da instalación. | ||
Dedución por rehabilitación de bens inmobles situados en centros históricos | Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra autonómica o 15 % das cantidades investidas no exercicio na rehabilitación de inmobles situados nos centros históricos que mediante orde se determinen, cun límite de 9.000 euros. Para estes efectos, consideraranse rehabilitación as obras que cumpran os seguintes requisitos:
Na orde que delimite os centros históricos establecerase a xustificación documental necesaria que acredite a pertenza do ben ao devandito centro. | ||
Dedución por investimento en empresas agrarias e sociedades cooperativas agrarias ou de explotación comunitaria da terra. | Os contribuíntes poderán deducir na cota íntegra autonómica, e cun límite conxunto de 20.000 euros, as cantidades seguintes:
Para ter dereito a estas deducións deberán cumprirse os seguintes requisitos:
1º. Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. 2º. Debe ter como obxecto social exclusivo a actividade agraria.
O termo «actividade agraria» será o definido na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. Esta dedución é incompatible coas recollidas nos números nove, dez e once. | ||
Dedución da cota íntegra autonómica por determinadas subvencións e/ou axudas obtidas a consecuencia dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.
| Cando o contribuínte integrase na base impoñible xeral o importe correspondente a unha subvención ou calquera outra axuda pública obtida da Comunidade Autónoma de Galicia das incluídas no Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, poderá aplicarse unha dedución na cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas. O importe da devandita dedución será o resultado de aplicar os tipos medios de gravame ao importe da subvención na base liquidable | ||
Deducións da cota íntegra autonómica para paliar os danos causados pola explosión de material pirotécnico que tivo lugar en Tui durante o mes de maio do 2018 | 1º. Cando o contribuínte integrase na base impoñible xeral o importe correspondente a unha subvención ou calquera outra axuda pública obtida da Comunidade Autónoma de Galicia das incluídas no Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, poderá aplicar unha dedución na cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas. O importe da devandita dedución será o resultado de aplicar os tipos medios de gravame ao importe da subvención ou axuda pública na base liquidable. 2º. Ademais, o contribuínte poderá deducir as cantidades investidas, en investimentos non empresariais, coa finalidade de paliar os danos sufridos, pola parte que exceda as cantidades percibidas por axudas ou subvencións das incluídas no Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, ou por coberturas de seguros. En ningún caso a cantidade obxecto de dedución poderá ser superior á diferenza entre o dano sufrido e as cantidades recibidas por axudas ou coberturas de seguro. As deducións ás que se refire este artigo producirán efectos a partir de 2018. | ||
Escala autonómica aprobada pola Xunta de Galicia para o exercicio 2018 (a declarar no 2019) | |||
A escala autonómica aplicable a base liquidable do imposto sobre a renda das persoas físicas será a seguinte: | |||
Base liquidable Ata euros | Cota íntegra Euros | Resto base liquidable Ata euros | Tipo aplicable Porcentaxe |
0,00 | 0,00 | 12.450,00 | 9,50 |
12.450,00 | 1.182,75 | 7.750,00 | 11,75 |
20.200,00 | 2.093,38 | 7.500,00 | 15,50 |
27.700,00 | 3.255,88 | 7.500,00 | 17,00 |
35.200,00 | 4.530,88 | 12.400,00 | 18,50 |
47.600,00 | 6.824,88 | 12.400,00 | 20,50 |
60.000,00 | 9.366,88 | En adelante | 22,50 |
Exercicios anteriores
Nota: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro das deducións aprobadas pola Comunidade Autónoma de Galicia.