Transmisións patrimoniais onerosas
As transmisións onerosas entre persoas vivas e as operacións de constitución de dereitos están suxeitas á modalidade de transmisións patrimoniais onerosas, autoliquidándose co modelo 600.
QUEN DECLARA O IMPOSTO?
O comprador ou beneficiario da operación.
CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?
Con carácter xeral, un mes.
COMO PRESENTO O IMPOSTO?
Podes presentalo de forma electrónica a través da Oficina Virtual Tributaria, ou ben de forma presencial acudindo a algunha das nosas oficinas.
CAL É O TIPO IMPOSITIVO?
- En caso de bens inmobles e mobles, o 8%
- En caso de garantías, pensións, fianzas ou préstamos, o 1%.
Consulta a guía do imposto para coñecer os tipos reducidos aprobados por Galicia.
CITA
Se queres acudir ás nosas oficinas para presentar o imposto con cita, podes solicitala a través deste enlace.
Temas relacionados
-
Valoración de bens inmobles
Poñemos á súa disposición os seguintes medios para que poida exercer o seu dereito a ser informado dos valores dos inmobles que serán obxecto de adquisición ou cesión.
Saber máis -