Na ficha de identificación de usuarios autorizados, pídense os datos do suxeito pasivo e de cada un dos usuarios da aplicación. É necesario que os usuarios figuren como representantes nos certificados dixitais expedidos polas autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Facenda e Administración Pública. Para a realización do pago é necesario así mesmo, que ditas persoas estean autorizadas na conta contra a que se realizarán os pagos.
Se dispoñen dalgún responsable informático con quen desexe que se traten os problemas desta natureza, indicar o seu nome e apelidos, teléfono e dirección de correo electrónico.