Para acceder á oficina virtual, ademais do certificado dixital é necesario estar autorizado pola Axencia Tributaria de Galicia. Dentro de cada un dos apartados anteriores consta a ficha para a identificación das persoas que, en calidade de usuarios autorizados van acceder á oficina virtual e o modelo de solicitude de autorización para o pago e presentación electrónica de cada un dos anteriores impostos ou taxas. Cando as persoas autorizadas actúen en representación dunha empresa é necesario achegar a documentación acreditativa da representación. Unha vez cubertos os devanditos documentos, deberán dirixirse á Dirección da Axencia Tributaria de Galicia a través dos rexistros dos órganos administrativos ao que se dirixan (Rexistros da Xunta de Galicia) ou por calquera outro dos medios que indica o apartado 4 do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Poden adiantarse por correo electrónico: xestion.centralizada@atriga.es