OV Colaboradores sociais
Para o uso da Oficina Virtual na opción COLABORADORES SOCIAIS é necesario dispor dalgún dos certificados expedidos polas autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Facenda e Administración Pública.
A normativa vixente, que regula os requisitos necesarios para a presentación electrónica, recoñece a importancia da contribución que teñen determinados profesionais nestes impostos. Así, cualifica de usuarios aos membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais que subscriban coa comunidade autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados no mesmo. Neste momento, a Axencia Tributaria de Galicia ten subscrito varios convenios de colaboración para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.
Para poder actuar como colaborador social deberá realizar os seguintes trámites:
Identificación do colaborador social
Identificación da persoa colexiada, socia, asociada ou membro da entidade privada, institución ou organización representativa de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais cuxo Colexio profesional, Asociación, Agrupación, Institución, Organización ou Entidade privada subscribise un convenio de Colaboración coa Comunidade Autónoma de Galicia para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.
Solicitude de autorización para pago e presentación electrónica de autoliquidacións. |
Identificación dos usuarios da aplicación
Ten como obxectivo a asignación de usuarios para o acceso ao sistema, sendo necesario ter un certificado dixital outorgado polas autoridades certificadoras que sexan admitidas pola Consellería de Facenda e Administración Pública, a nome da persoa ou persoas que realizarán as presentacións.
Para estes efectos solicítanse os seguintes datos: nome, apelidos e NIF, teléfono e dirección de correo electrónico, así como o sistema operativo co que traballa o usuario.
Se dispoñen dalgún responsable informático con quen desexe que se traten os problemas desta natureza, indicar o seu nome e apelidos, teléfono e dirección de correo electrónico.
Identificación de usuarios para pago e presentación electrónica de autoliquidacións. |
Documentación a remitir
- Solicitude de autorización.
- Identificación de usuarios.
- Documento acreditativo de ser membro dalgunha das entidades privadas, institución ou organización representativa de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais.
- Se a autorización é para unha empresas, é necesario achegar documentación acreditativa da representación.
A documentación anterior remitirase por correo electrónico: colaboracion.social.sscc@atriga.es , ou presentación nos rexistros dos órganos administrativos ao que se dirixan (Rexistros da Xunta de Galicia) ou por calquera outro dos medios que indica o apartado 4 do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas ou na sede electrónica da Xunta de Galicia indicando o órgano competente para coñecer da súa solicitude.
Entrada na Oficina Virtual Tributaria
Unha vez obtida a autorización para o pago e presentación electrónica o acceso á aplicación é a través do apartado COLABORADORES SOCIAIS dispoñible na Oficina Virtual.
Non é necesaria a utilización de código de usuario nin contrasinal. É suficiente con que a persoa (física ou xurídica) para a que se pediu a autorización teña instalado no seu computador o seu propio certificado dixital.
Pago
- Telemático
Dentro da Oficina Virtual Tributaria existe un apartado no que figuran actualizadas as entidades financeiras a través das cales se pode realizar o pago telemático.
É imprescindible que o colaborador social (persoa física ou xurídica) que acceda á aplicación (identificado a través do certificado dixital) figure como titular da conta correspondente pois, de non ser así, a entidade financeira non aceptará o pago. Non se aceptan autorizados.
- Domiciliación bancaria
Deberá indicarse a conta do titular do obrigado ao pago que deberá tratarse dunha conta á vista ou dunha conta de aforro que admita a domiciliación de pagos e estar aberta nunha entidade de crédito autorizada para actuar como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga.