OV Tributaria é o sistema de información e servizos que a Axencia Tributaria de Galicia pon ao dispor da cidadanía co obxectivo de ofrecer uns servizos públicos máis eficientes, seguros, accesibles e innovadores, aproveitando e explotando as posibilidades que a tecnoloxía ofrece.
Con este sistema preténdese reflectir o compromiso da ATRIGA coa atención ao cidadán e a mellora da calidade dos servizos públicos no ámbito da súa competencia.
Por tanto, OV Tributaria é o punto de acceso común a todos os servizos da Axencia Tributaria de Galicia. O obxectivo principal é que a persoa usuaria poida, en calquera momento e/ou desde calquera dispositivo, acceder e interactuar cos servizos públicos desta Axencia.