APP Atriga APP Atriga

 

A aplicación móbil da Axencia Tributaria de Galicia ofrece a posibilidade de acceder de forma áxil, sinxela e intuitiva a diversos servizos, algúns con acceso libre e outros mediante identificación da persoa usuaria. 

Sen necesidade de identificarse, é posible:

  • Pagar taxas, prezos, multas e sancións a través de tarxeta bancaria ou de Bizum.
  • Pagar por transferencia bancaria desde entidades no colaboradoras.
  • Pagar dilixencias de embargo.
  • Obter os xustificantes de pago cando as débedas sexan ingresadas mediante xiro postal.
  • Obter os xustificantes de pago das domiciliacións realizadas nunha entidade non colaboradora establecida dentro da Zona SEPA.
  • Consultar as oficinas de presentación da Atriga.
  • Consultar as entidades bancarias colaboradoras na recadación.
  • Verificar documentos por CSV (código seguro de verificación), introducindo os datos de referencia ou escaneando o código de barras do documento.
  • Solicitar citas, modificalas e anulalas.
  • Consultar os prazos de presentación de impostos, alegacións e requirimentos, recursos de reposición, reclamacións económico-administrativas ou taxacións periciais contraditorias mediante o simulador de prazos de presentación.
  • Calcular, mediante o simulador de xuros, os xuros aplicables nun determinado período a efectos tributarios.

Se se accede mediante identificación da persoa usuaria, a cal pode ser mediante Chave365, certificado electrónico ou DNI electrónico (polo momento estes dous últimos só están dispoñibles para Android), a aplicación permite realizar máis xestións como poden ser:

  • Pagar multas e sancións, non só mediante tarxeta bancaria ou Bizum, como co acceso libre, senón que tamén se poden pagar mediante cargo en conta ou con NRC en entidades colaboradoras ou Correos mediante xiro postal.
  • Consultar e pagar débedas notificadas pola Atriga en período voluntario a través de: tarxeta bancaria, Bizum, cargo en conta ou con NRC en entidades colaboradoras ou Correos mediante xiro postal.
  • Obter certificados de estar ao corrente de débedas coa Xunta e de ser ou non declarante do imposto sobre o patrimonio.

 

Podes instalar ou acceder a APP “Atriga” simplemente escaneando o seguinte código QR, desde dispositivos con sistema operativo Android ou iOS, ou ben, descargándoa desde o Market correspondente ao teu dispositivo.

         

 

Máis información:

Aplicación para dispositivos móbiles Atriga