A aplicación móbil da Axencia Tributaria de Galicia ofrece a posibilidade de acceder de forma áxil, sinxela e intuitiva a diversos servizos, algúns con acceso libre e outros mediante identificación da persoa usuaria.
Sen necesidade de identificarse, é posible:
- Pagar taxas, prezos, multas e sancións a través de tarxeta bancaria ou de Bizum.
- Pagar por transferencia bancaria desde entidades non colaboradoras.
- Pagar dilixencias de embargo de soldos, salarios ou pensións con tarxeta bancaria ou Bizum.
- Consultar as oficinas de presentación da Atriga.
- Consultar as entidades bancarias colaboradoras na recadación.
- Verificar documentos por CSV (código seguro de verificación), introducindo os datos de referencia ou escaneando o código de barras do documento.
- Solicitar citas, modificalas e anulalas.
Se a persoa usuaria identifícase con Chave365, a aplicación permite realizar máis xestións como:
- Consultar e pagar débedas notificadas pola Atriga en período voluntario con tarxeta bancaria ou Bizum.
- Obter certificados de estar ao corrente de débedas coa Xunta e de ser ou non declarante do imposto sobre o patrimonio.
Se a persoa usuaria identifícase con certificado electrónico ou DNI electrónico (só dispoñible para Android), ademais das xestións anteriores, a aplicación permite:
- Pagar taxas, prezos, multas, sancións e dilixencias de embargo de soldos, salarios ou pensións, non só mediante tarxeta bancaria ou Bizum, como co acceso libre, senón tamén con cargo en conta ou con NRC en entidades colaboradoras ou Correos mediante xiro postal.
- Consultar e pagar débedas notificadas pola Atriga en período voluntario con tarxeta bancaria ou Bizum, como coa Chave365, senón tamén con cargo en conta ou con NRC en entidades colaboradoras ou Correos mediante xiro postal.
Podes instalar ou acceder a APP “Atriga” simplemente escaneando o seguinte código QR, desde dispositivos con sistema operativo Android ou iOS, ou ben, descargándoa desde o Market correspondente ao teu dispositivo.
Máis información:
Aplicación para dispositivos móbiles Atriga