Volver ao contido

Novidades Novidades

Atrás

Sistema de pago por caixeiro de débedas tributarias

Habilitouse a posibilidade de pago por caixeiro de débedas tributarias da Xunta de Galicia.

 

A implantación desta novidade súmase ás outras posibilidades de pago mediante o sistema de xiro postal ou a través do TPV virtual ou físico, medidas que supoñen un avance na simplificación dos trámites para que os cidadáns cumpran coas súas obrigacións tributarias.

 

O pago poderase realizar nos caixeiros do Banco Santander en efectivo e a través de tarxetas, tanto propias como alleas desta entidade bancaria. Os documentos de pago que poden ser ingresados a través do caixeiro son os modelos 600 (Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos xurídicos documentados), 620 (Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados de vehículos), 650 (Imposto de sucesións e doazóns. Sucesións), 651 (Imposto de sucesións e doazóns. Doazóns), 707 (liquidacións notificadas), 708 (débedas aprazadas ou fraccionadas) e 731 (Multas, sancións, taxas e prezos).