Novidades
Sistema de pago dos modelos de documentos de pago 707, 708, 990 e 991 a través da Oficina Virtual Tributaria
Habilitouse a posibilidade de pago dos modelos 707, 708, 990 e 991 a través da Oficina Virtual Tributaria, dentro do apartado “Consulta e Pago de Débedas” na opción “Pago de Débedas”.
A implantación desta novidade súmase ás outras posibilidades de pago mediante caixeiro, o sistema de xiro postal ou a través do TPV virtual ou físico, medidas que supoñen un avance na simplificación dos trámites para que os cidadáns cumpran coas súas obrigas tributarias.
Poderanse pagar os documentos de pago dos modelos 707 (para liquidacións, autoliquidacións e providencias de constrinximento), dos modelos 708 (para prazos de aprazamento/fraccionamento e liquidacións) e dos modelos 990 e 991 (para providencias de constrinximento) tanto con certificado dixital, como mediante acceso libre.
Mediante o acceso libre, o pago poderase realizar co número da tarxeta a través do TPV.
Mediante o acceso con certificado, o pago poderase realizar co número da tarxeta a través do TPV ou con cargo en conta, nas entidades que o admitan.
Os pagos con tarxeta a través do TPV limítanse aos 3.000 €. No caso de acceder con certificado, poden ser de aplicación as limitacións adicionais particulares que teña cada usuario.
Para o pago dos modelos 707 e 708, ten que introducirse correctamente o dato do número da carta de pago, o dato do NIF titular da débeda e o importe que figure na carta de pago. Para o pago dos modelos 990 e 991, ten que introducir correctamente o dato do número da providencia de constrinximento e o NIF titular da débeda, así como o importe para pagar.
No caso do acceso libre deberá cubrir un correo electrónico onde recibirá un código de verificación que lle permitirá igualmente retomar ou consultar a operación de pago.