Volver ao contido

Novidades Novidades

Atrás

Nova APP que permitirá á cidadanía acceder de forma áxil e sinxela aos servizos da Axencia Tributaria de Galicia

Nova APP que permitirá á cidadanía acceder de forma áxil e sinxela aos servizos da Axencia Tributaria de Galicia

15.03.2024

 

A Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha unha aplicación para dispositivos electrónicos (APP) que permitirá á cidadanía acceder de forma áxil e sinxela aos servizos da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

A aplicación está dispoñible en galego e en castelán e inclúe servizos de acceso libre e outros que requiren acreditar a identificación da persoa usuaria. Esta identificación pode realizarse mediante a Chave365, o certificado electrónico ou o DNI electrónico (polo momento estes dous últimos só están dispoñibles para Android). 

A persoa usuaria, en función do tipo de acceso, pode pagar taxas, prezos, multas, sanción e débedas en período voluntario, obter certificados de estar ao corrente de débedas coa Xunta e de ser ou non declarante do imposto sobre o patrimonio, consultar as oficinas de presentación da Atriga e as entidades colaboradoras na recadación, verificar documentos por CSV (código seguro de verificación) e solicitar citas na Atriga, así como modificalas ou anulalas.  

A nova APP, que irá ampliando os servizos dispoñibles, enmárcanse nas actuacións desenvoltas pola Atriga para reforzar e avanzar na información e simplificar a asistencia a toda a cidadanía. Trátase en definitiva, de facilitar o cumprimento das súas obrigas tributarias, evitando os desprazamentos e co conseguinte aforro de tempo e custes na realización dos trámites tributarios.

 

Podes instalar ou acceder a APP “Atriga” simplemente escaneando o seguinte código QR, desde dispositivos con sistema operativo Android ou iOS.

 

                                   

 

Ou ben descargando a APP “Atriga” no teu dispositivo móbil desde o Market correspondente ao teu dispositivo.