Compravenda de vehículos Compravenda de vehículos

Teñen obriga de declarar o imposto aquelas persoas que adquiran vehículos (coches, embarcacións ou aeronaves) como consecuencia de transmisións onerosas por actos "inter vivos", sempre que estes vehículos non se adquiran de empresarios ou profesionais no exercicio da súa actividade empresarial ou profesional, xa que neste caso a adquisición estaría gravada polo Imposto sobre o valor engadido (IVE).

Polo tanto, cando se compra un vehículo de segunda man, o primeiro que debe ter en conta é a condición do vendedor:

  • Se mo vende unha empresa ou un particular que realiza unha actividade económica ou profesional, estando o vehículo afecto en ambos os casos á devandita actividade:
    Esta transmisión estará suxeita a IVE. A empresa ou o particular deberá emitir unha factura cuxo importe total incluirá o imposto que se debe pagar.
    Neste caso, non hai que pagar o imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. O xustificante do pagamento do imposto é a propia factura, documento que debe achegar xunto co resto de documentación que lle esixan na Xefatura de Tráfico.
  • Se mo vende un particular:
    A transmisión está suxeita ao concepto transmisións patrimoniais onerosas do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e autoliquídase co modelo 620. Antes de ir á Xefatura de Tráfico a cambiar o titular do vehículo deberá presentar o modelo 620.
    O imposto débeo abonar o comprador, naquela Comunidade Autónoma onde teña a súa residencia habitual.
    Ex.: a compra dun coche a un concesionario está suxeita a IVE mentres que se se adquire de segunda man ao antigo titular, está suxeita ao Imposto sobre transmisións.

A presentación farase no modelo 620

Excepción:As autoliquidacións pola adquisición dos seguintes vehículos, débense realizar nun modelo 600 coas claves que se indican: 

  • bicicletas, bicicletas de pedais con pedaleo asistido e vehículos de mobilidade persoal: clave TM4. 
  • remolques sen matrícula: clave TM5. 
  • vehículos que se adquiran mediante expedientes de dominio, actas de notoriedade e actas de manifestación: clave TM6. 

A base impoñible está constituída polo valor do ben transmitido. A efectos deste imposto, considerarase valor dos bens o seu valor de mercado. Con todo, se o valor declarado polos interesados, o prezo ou contraprestación pactada ou ambos son superiores ao valor de mercado, a maior desas magnitudes tomarase como base impoñible.

Cada ano unha orde ministerial publica uns prezos medios de venda, en función da marca, o modelo, a potencia e o ano de matriculación do vehículo. Estes prezos medios poderanse usar como base impoñible, agás que o prezo pactado entre as partes fose superior, nese caso a base impoñible será este segundo valor.

Pódense consultar as ordes ministeriais de cada ano na seguinte ligazón: Normativa asociada

Así mesmo, tamén se pode utilizar o servizo Valoración de vehículos usados da Oficina Virtual Tributaria

Un mes dende o día da adquisición.

  • As persoas xurídicas.  
  • As entidades sen personalidade xurídica.  
  • As persoas que representen a un contribuínte que estea obrigado á presentación electrónica.  
  • As persoas ou entidades que exerzan a condición de colaboradores sociais.  

Quedan exceptuados do deber de presentación electrónica obrigatoria os seguintes casos:  

  • Cando non se poida obter a validación do vehículo da Dirección Xeral de Tráfico.  
  • Cando o vehículo teña matrícula estranxeira.  
  • As autoliquidacións complementarias. 

A presentación das autoliquidacións e da documentación complementaria de forma electrónica, realizarase a través da OVT.  

Nos supostos en que da autoliquidación practicada resulte un importe para ingresar, con carácter previo á súa presentación e sen prexuízo da posibilidade de solicitar un aprazamento ou fraccionamento, os obrigados tributarios realizarán, se é o caso, o pago da débeda tributaria. 

Nos casos en que sexa obrigatorio remitir documentación complementaria (por exemplo, se se aplica o tipo impositivo do 0% para vehículos de etiqueta ambiental 0 emisións, nese caso é necesario presentar o correspondente distintivo ambiental aprobado pola Dirección Xeral de Tráfico) realizarase a través da OVT servizo “Presentación de documentación asociada” no momento posterior á presentación. O colaborador social deberá presentar a documentación a través do mesmo servizo co perfil de colaborador social. 

 

A presentación pode ser presencial ou electrónica: 

En caso de presentación presencial:  

  • Nas entidades colaboradoras.  
  • Por xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no ámbito rural, a través dos carteiros rurais por medio de dispositivos PDAs 
  • As autoliquidacións con cota a ingresar igual ou inferior a 3.000 euros, con tarxeta de débito ou crédito no Terminal Punto de Venta (TPV) físico, só nas Delegacións da Atriga.  
    As Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario e as de Distrito Hipotecario NON teñen TPV físico.

No caso de presentación electrónica:

  • Nas entidades colaboradoras ou nas Oficinas de Correos mediante o xiro postal, con NRC (documento de ingreso modelo 717). Unha vez feito o pago, deberá completar a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado "Operacións realizadas", onde introducirá o NRC xerado).  
  • Mediante cargo en conta 
  • Mediante tarxeta de débito ou crédito (TPV)* / Bizum  
  • Mediante domiciliación bancaria ordenada no momento da presentación da autoliquidación 

* Aviso: Existe un límite para pagos con tarxeta de crédito ou débito de 3.000 €.

Recoñecemento de débeda e pago mediante transferencia: o contribuínte que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria previo recoñecemento da mesma, mediante transferencia bancaria.

A normativa tributaria de recadación prevé a posibilidade de aprazar ou fraccionar o pago das débedas tributarias que se atopen en período voluntario ou executivo cando a situación económico-financeira do obrigado tributario impídalle, de forma transitoria, efectuar o pago no prazo establecido pola normativa, co pagamento dos xuros de mora correspondentes. 

Para solicitar o aprazamento ou fraccionamento da débeda, tense que presentar unha solicitude acompañada da documentación necesaria para identificar a débeda e, no seu caso, a garantía correspondente, xunto coa proposta dun calendario de ingresos e a documentación que xustifique a existencia de dificultades económicas. 

Se a débeda está en período voluntario, débese solicitar antes de que este finalice e, se está en período executivo, en calquera momento anterior á notificación do alleamento dos bens embargados. 

Nas solicitudes de aprazamento e fraccionamento presentadas a partir do 11.06.2023 non se esixirá ningún tipo de garantía, cando o importe total das débedas dun mesmo debedor non supere os 50.000 € (Orde HFP/583/2023, do 7 de xuño).

A solicitude pode presentarse: 

  • Presencialmente, mediante escrito ou modelo normalizado, nos rexistros da Xunta de Galicia ou por calquera outro dos medios que indica o apartado 4 do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Telematicamente: 

    • Pola OVT (certificado dixital ou DNI electrónico) a través do apartado de Solicitudes
      -> Aprazamentos/fraccionamentos de débedas.
    • Pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (certificado dixital, DNI electrónico ou Chave) polo procedemento PR004A 

A solicitude deberá dirixirse ao Departamento de Recadación da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia á que corresponda a tramitación do imposto. Se a xestión do imposto corresponde ás Oficinas Liquidadoras do Distrito Hipotecario da Coruña a solicitude dirixirase ao Departamento de Recadación desa Delegación

Enlaces asociados 

Artigos 44 a 54 do Regulamentoo Xeral de Recadación

  • Documento ou contrato de compravenda. No caso de documentos notariais, xudiciais ou administrativos, deberase presentar copia auténtica do documento. Se se trata de documentos privados, presentarase o orixinal.
  • En caso de vehículos, deberase achegar ficha técnica e permiso de circulación, e, en caso de embarcacións, copia da folla de asento no Rexistro de Embarcacións da Capitanía Marítima ou licenza de navegación.
  • Se se aplica o tipo impositivo do 0% para vehículos de etiqueta ambiental 0 emisións, é necesario presentar o correspondente distintivo ambiental aprobado pola Dirección Xeral de Tráfico. 
  • Modelo 620 cumprimentado. 
  • Con carácter xeral, o tipo será do 3%. 
  • En caso de vehículos con categoría ambiental 0 emisións, bicicletas, bicicletas de pedais con pedaleo asistido e vehículos de mobilidade persoal, o 0%. 
  • En caso de embarcacións de recreo e motores mariños, o 1%. 
  • A cota tributaria correspondente á transmisión de automóbiles turismo e todoterreos, con un uso igual ou superior a quince anos, será a seguinte:
Cilindrada de vehículo (centímetros cúbicos)  Cota (euros) 
Ata 1.199  22
De 1.200 a 1.599  38