Imposto sobre o depósito, a incineración e a coincineración de residuos
28/febreiro/2023 - O próximo día 28 de febreiro de 2023 celebrarase un webinar relacionado co Imposto sobre o depósito, a incineración e a coincineración de residuos que dará comezo ás 10:00 horas. O aforo é limitado polo que previamente haberá que solicitar a inscrición a través do formulario dispoñible na ligazón de máis abaixo.
En caso de exceder o aforo, limitarase o número de inscricións por empresa.
Unha vez que sexa admitido, remitiráselle a información para acceder ao webinar.
A presentación estará dispoñible na web da Atriga despois da celebración do webinar.
Pode descargar o documento informativo.