Guía do imposto Guía do imposto

Artigo 36 Decreto 3059/1966, de 1 de decembro.

O feito impoñible desta taxa é autorizar, celebrar ou organizar rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias cuxo ámbito territorial de participación sexa unicamente Galicia. Se o ámbito territorial de participación é estatal, a competencia correspóndelle ao Estado.

Artigo 37 Decreto 3059/1966, de 1 de decembro

  • Suxeitos Pasivos
    • Nas rifas e tómbolas: os organizadores.
    • Nas apostas: as empresas que fagan actividades que inclúan a celebración de apostas.
    • Nas combinacións aleatorias: as empresas que desenvolvan estas combinacións con fins publicitarios.
  • Responsable
    • Nas apostas serán responsables solidarios do pago da taxa os donos ou empresarios dos locais onde se celebren.

Artigo 7 da Orde 20 de outubro de 2015.

Vinte primeiros días naturais seguintes á finalización de cada trimestre natural.

Artigos 3, 5 e 7 da Orde de 20 de Outubro de 2015.

As persoas obrigadas a presentar esta taxa, deberán presentar electronicamente a través da OVT unha declaración informativa das apostas deportivas e de competición formalizadas e dos premios pagos no trimestre correspondente, que comprenderá tamén devanditos datos acumulados dende a devindicación do exercicio ata o fin do trimestre correspondente e unha relación individualizada dos premios superiores a 2.500 euros pagados no trimestre (modelo D-041), e a autoliquidación correspondente (modelo 041).
Previamente deben estar dadas de alta como usuario autorizado ante a Atriga .

 

Artigo 9 Orde do 20 de outubro de 2015.

  • O pago poderá realizarse de forma presencial nas entidades colaboradoras para pagos presenciais con NRC co documento de ingreso telemático presencial (Modelo 717).
    Unha vez realizado, deberá completarse a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado “operacións realizadas”, para introducir o NRC e poder completar a presentación).
  • O pago poderá realizarse de forma electrónica, no momento da confección, a través de:
    • Domiciliación bancaria. A conta designada deberá cumprir as seguintes condicións:
      • Ser titularidade do obrigado ao pago
      • Ser unha conta á vista ou de aforro que admita domiciliación
      • Estar aberta nunha entidade de crédito autorizada  para actuar como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga.
    • Cargo en conta.
    • Pago con tarxeta de débito ou crédito mediante TPV virtual (límite 3.000 euros).

Recoñecemento de débeda e pago mediante transferencia: o contribuínte que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria previo recoñecemento da mesma, mediante transferencia bancaria.

Artigo 19.Dos do DL 1/2011

A base impoñible desta taxa é, con carácter xeral, a suma das cantidades que os xogadores ou xogadoras dediquen ao xogo. Coas seguintes regras especiais:
  • Nas rifas e tómbolas, o importe total dos boletos ou billetes ofrecidos.
  • Nas combinacións aleatorias, o valor de mercado dos premios ofrecidos, incluídos os gastos necesarios para poñelos a disposición.
  • Nas apostas, o importe total dos boletos ou billetes vendidos ou a diferencia entre o total das cantidades apostadas e o importe dos premios satisfeitos.
  • Cando a participación dos xogos se realice mediante servizos de telecomunicación sobretarifados ou con tarifación adicional, a base impoñible é o valor dos premios ofrecidos, cos gastos necesarios para polos a disposición, e os importes percibidos pola sobretarifación da participación no xogo.

Artigo 19.Tres do DL 1/2011

Os tipos impositivos aplicables son:
 
  • Nas rifas e tómbolas,
    Con carácter xeral, un 10%.
    Nas tómbolas de duración inferior a 15 días organizadas con ocasión de mercados, feiras ou festas de ámbito local, e sempre que os premios non superen un valor total de 3.000 euros, pódese optar polo tipo anterior, ou ben, a razón de 300 euros por cada día de duración en capitais de provincia ou poboacións con máis de 75.000 habitantes, 210 euros en poboacións entre 15.000 e 75.000 habitantes e 90 euros por cada día de duración en poboacións inferiores a 15.000 habitantes.
     
  • Nas apostas:
    Con carácter xeral, un 8,5%
    Nas deportivas e de competición, un 10%.
     
  • Nas combinacións aleatorias e no xogo cuxa participación se realice mediante servizos de telecomunicación sobretarifados ou con tarifación adicional: 12%.

Máis información:

Como acceder á Oficina Virtual como usuario autorizado