A taxa fiscal sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias grava ditas modalidades de xogo.

 

QUEN DECLARA O IMPOSTO?

Quen organice as rifas e as tómbolas, as empresas que teñan como actividade a celebración de apostas e as que desenvolvan combinacións aleatorias con fins publicitarios.

 

CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?

Vinte primeiros días naturais seguintes á finalización de cada trimestre.

 

COMO PRESENTO O IMPOSTO?

En todo caso, a presentación será electrónica, a través da Oficina Virtual Tributaria.

 

CAL É O TIPO IMPOSITIVO?

Con carácter xeral, o 10% nas rifas e nas tómbolas, o 8,5% nas apostas, salvo nas deportivas ou de competición, que será o 10%, e o 12% nas combinacións aleatorias e na realización de xogos mediante sistemas de telecomunicación sobretarificados ou con tarifas adicionais.