Pasos a seguir para a presentación e pago do imposto Pasos a seguir para a presentación e pago do imposto

Pasos a seguir para a presentación e pagamento do imposto de máquinas

Empresas Operadoras que non teñan a condición de usuarios autorizados para a presentación e pago da taxa fiscal sobre o xogo de máquinas:

  • Obtención do certificado dixital.
  • Obtención da autorización da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para o acceso á OVT.
  • Presentación do modelo dunha declaración informativa das máquinas de xogo que tiveran en explotación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia ao longo do trimestre ao que se refire a declaración.
  • Presentación e pagamento telemático do Imposto.

Empresas Operadoras que xa teñan a condición de usuarios autorizados para a presentación e pago da taxa fiscal sobre o xogo de máquinas:

  • Neste caso irán directamente ao punto 3 do apartado anterior.

A taxa fiscal sobre o xogo realizada a través de máquinas é un tributo estatal cuxo rendemento está cedido polo Estado á Comunidades Autónomas que somete a gravame a organización, celebración ou realización do xogo a través de máquinas.
Os suxeitos pasivos deste tributo deberán autoliquidar e presentar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizados pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta (no suposto de que carecesen da devandita autorización), con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán na oficina virtual tributaria.

Unha vez autorizados, os suxeitos pasivos deberán, dentro dos prazos de presentación do tributo, presentar telematicamente ante a Axencia Tribuna de Galicia, unha declaración informativa das máquinas de xogo que tiveran en explotación ao longo do trimestre ao que se refire a declaración, a través do modelo D-046.

Unha vez presentado o D-046, ingresarán e presentarán telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia o modelo 046, no cal practicarán a autoliquidación do tributo e determinarán a débeda tributaria correspondente comprensiva de todas as máquinas sobre as que posúa autorización en cada período impositivo. Coa confección de cada modelo resumo 046, xeraranse tantos modelos 045 como máquinas agrupe, nos que figurará o detalle de cada unha delas de xeito individualizado.

Prazos de presentación:

  • Primeiro trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de abril.
  • Segundo trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de xullo.
  • Terceiro trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de outubro.
  • Cuarto trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de xaneiro do ano seguinte.

As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos telemáticos son as seguintes:

Prazos de presentación:

  • Primeiro trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de abril.
  • Segundo trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de xullo.
  • Terceiro trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de outubro.
  • Cuarto trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de xaneiro do ano seguinte.

As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos telemáticos son as seguintes:

  1. Pagamento telemático presencial (con NRC)
    • Abanca
    • Evo Banco
    • La Caixa
    • Banco Popular
    • Targobank
    • Banco Pastor
    • Caja Duero

     

  1. Pagamento telemático con cargo en conta
    • Abanca
    • Evo Banco
    • La Caixa
    • Banco Popular
    • Targobank
    • Banco Pastor
    • Banco Santander
    • BBVA
    • Banesto
    • Caja Duero
    • Caja Rural de Zamora
    • Caja Rural Galega

 

Documentos asociados

Pasos a seguir para a presentación e pagamento telemáticos da taxa fiscal sobre o xogo realizado en bingos

Os suxeitos pasivos da taxa fiscal sobre o xogo realizado en bingos deben  cumprir as súas obrigas tributarias telemáticamente, a través das aplicacións  informáticas á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria (OVT). Para obter acceso ás devanditas aplicacións é necesario:

  • Obter o certificado dixital de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda.
  • Obter autorización da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para o acceso á OVT. Para o que é necesario presentar a correspondente solicitude xunto a unha ficha de usuario.

O xogo do bingo está gravado pola taxa fiscal sobre o xogo do bingo creada por Real decreto Lei 16/1977, de 25 de febreiro, polo que se regulan os aspectos penais, administrativos e fiscais dos xogos de sorte, envite ou azar e apostas. Esta taxa é un tributo estatal cuxo rendemento está cedido ás comunidades autónomas.

Os suxeitos pasivos deste tributo deberán autoliguidar e presentar o  imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina.  Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizados pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta (no suposto de que carecesen da devandita autorización), con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán na oficina virtual tributaria.

As obrigas tributarias relativas a este imposto son as seguintes:

  • Alta no Censo electrónico de salas de bingo de Galicia (Cesbiga).
  • Presentada a solicitude de autorización de acceso á OVT, a Administración tributaria procederá a dar de alta a sala de bingo no Cesbiga.
    Declaración de modificación de datos censuales da sala de bingo.
    Se se producise algunha modificación nos datos inscritos no censo, os suxeitos pasivos deben presentar comunicación electrónica mediante o modelo 006 no prazo de vinte días naturais contados desde o momento en que se produza dita modificación.
    Tamén se utilizará o modelo 006 para o suposto de cambio de suxeito pasivo.
  • A solicitude (modelo S) e subministración de cartóns realízase igualmente de forma telemática, a través da aplicación informática á súa disposición na OVT.
  • Presentación e pago de autoliquidación mensual modelo 043.
    Débese pagar e presentar autoliquidación por este imposto dentro dos primeiros vinte días de cada mes. Esta autoliquidación referirase ás partidas de bingo celebradas na sala no mes inmediato anterior.

A base impoñible determinarase por:

  • Estimación directa, sempre que a sala de bingo conte cun sistema informático homologado. Están obrigados a determinar a base impoñible por este método, os suxeitos pasivos cuxo volume anual de xogo supere o millón de euros.
  • Estimación obxectiva, cando non proceda a estimación directa

As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos asociados a autoliquidaciones presentadas a través da OVT son as seguintes:

  1. Pagamento telemático presencial (con NRC)
    • Abanca
    • Evo Banco
    • La Caixa
    • Banco Popular
    • Targobank
    • Banco Pastor
    • Caja Duero

     

  1. Pagamento telemático con cargo en conta
    • Abanca
    • Evo Banco
    • La Caixa
    • Banco Popular
    • Targobank
    • Banco Pastor
    • Banco Santander
    • BBVA
    • Banesto
    • Caja Duero
    • Caja Rural de Zamora
    • Caja Rural Galega

 

 

Pasos a seguir para a presentación e o pago da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición

 

  1. Obtención do certificado dixital.
  2. Obtención da autorización da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para o acceso á OVT
  3. Presentación da declaración informativa de apostas deportivas e de competición. Prazo: Vinte primeiros días naturais de cada trimestre natural (Prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado)

 

4. Pago e presentación telemática das autoliquidacións

A taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición é un tributo estatal cuxo rendemento está cedido polo Estado á Comunidades Autónomas que somete a gravame a organización, celebración ou realización do xogo a través de apostas deportivas ou de competición.

Os suxeitos pasivos deste tributo deberán autoliquidar e presentar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizados pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta (no suposto de que carecesen da devandita autorización), con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán na oficina virtual tributaria.

Unha vez autorizados, os suxeitos pasivos deberán, dentro dos prazos de presentación do tributo, presentar telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia o modelo D-041 na que se incluíran os datos seguintes:

  • Os datoscorrespondentes ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas e os datos correspondentes aos premios pagados ao longo do trimestre ao que se refire a declaración
  • Os datos acumulados correspondentes ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas e os datos acumulados correspondentes aos premios pagados, dende a data de devindicación do exercicio ao que se refire a declaración ata o fin do trimestre ao que se refire a declaración.
  • Unha relación individualizada dos premios superiores a 2.500 € pagados ao longo do trimestre ao que se refire a declaración.

Unha vez presentado o D-041, ingresarán e presentarán telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia o 041, no cal practicarán a autoliquidación do tributo e determinarán a débeda tributaria correspondente ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas ao longo do trimestre ao que se refire a declaración.


Prazos de presentación:

  • Primeiro trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de abril.
  • Segundo trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de xullo.
  • Terceiro trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de outubro.
  • Cuarto trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de xaneiro do ano seguinte


As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos telemáticos son as seguintes:

  1. Pagamento telemático presencial (con NRC)
    • Abanca
    • Evo Banco
    • La Caixa
    • Grupo Banco Popular
    • Caja Duero
     
  1. Pagamento telemático con cargo en conta
    • Abanca
    • Evo Banco
    • La Caixa
    • Banco Popular
    • Banco Santander
    • BBVA
    • Caja Rural Galega
    • Caja Duero
    • Caja Rural de Zamora