Artigo 2 Real Decreto 2221/1984, de 12 de decembro.
Constitúe o feito impoñible a autorización, celebración ou organización de xogos de sorte, envite ou azar, realizados mediante máquinas de xogo.
Artigo 4 Real Decreto 2221/1984, de 12 de decembro.
Están obrigadas a presentar esta taxa aquelas persoas e entidades ás que se lles outorgue a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación.
En defecto de autorización ou permiso, están obrigadas as entidades que, entre as súas actividades, conste a celebración ou organización de xogos de azar mediante máquinas de xogo.
Artigo 5 Orde de 17 de marzo de 2014.
Vinte primeiros días naturais seguintes á finalización de cada trimestre natural.
Artigo 2 Orde de 17 de marzo de 2014.
As persoas obrigadas a presentar esta taxa, deberán presentar electronicamente a través da OVT unha declaración informativa das máquinas de xogo que tiveran en explotación ao longo do trimestre ao que se refire a declaración (modelo D-046) e a autoliquidación comprensiva de todas as máquinas sobre as que posúa autorización en cada período impositivo (modelo 046). Con cada modelo 046 xeraranse tantos modelos 045 como máquinas agrupe co seu correspondente detalle.
Previamente deben estar dados de alta como usuarios autorizados ante a ATRIGA.
O pago poderá realizarse de forma presencial nas entidades colaboradoras para pagos presenciais con NRC co documento de ingreso telemático presencial (Modelo 717).
Unha vez realizado, deberá completarse a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado “operacións realizadas”, para introducir o NRC e poder completar a presentación).
O pago poderá realizarse de forma electrónica, no momento da confección, a través de:
- Domiciliación bancaria. A conta designada deberá cumprir as seguintes condicións:
- Ser titularidade do obrigado ao pago
- Ser unha conta á vista ou de aforro que admita domiciliación
- Estar aberta nunha entidade de crédito autorizada como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga ou entidade de crédito que se encontre dentro da zona SEPA.
- Cargo en conta.
- Pago con tarxeta de débito ou crédito mediante TPV virtual (límite 3.000 euros).
Máis información sobre a domiciliación bancaria.
Recoñecemento de débeda e pago mediante transferencia: o contribuínte que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria previo recoñecemento da mesma, mediante transferencia bancaria.
Artigo 20.dos.d) Decreto Lexislativo 1/2011.
Constitúe a base impoñible desta taxa, as cantidades que os xogadores ou xogadoras dediquen á súa participación nos xogos realizados nos distintos locais, instalacións ou recintos onde se leven a cabo.
Artigo 20.Tres.3 Decreto Lexislativo 1/2011.
- Máquinas tipo A especial:
- Se o valor do premio non supera os 40 euros, cota fixa trimestral de 125 euros.
- En caso contrario, multiplícase por 0,75 a contía resultante de aplicar os tipos previstos para as máquinas tipo B (ou recreativas con premio).
- Máquinas tipo B, ou recreativas con premio:
- Con carácter xeral, cota fixa trimestral de 935 euros.
- Se na máquina poden participar máis dun xogador ou xogadora de forma simultánea e independente: cota fixa trimestral de 935 euros + 233,75 euros por cada xogador/a adicional.
- Se o prezo máximo de partida homologado da máquina é superior ao máximo regulamentario (0,20 euros): 935 euros + 233,75 euros por cada xogador ou xogadora adicional + 4,70 euros por cada céntimo de euro que supere o citado prezo máximo regulamentario.
- Máquinas tipo B especial: os tipos previstos para as máquinas B (ou recreativas con premio), incrementados nun 25%.
- Máquinas tipo C ou de azar: cota fixa trimestral de 1.365 euros.
- Resto máquinas: cota fixa trimestral de 1.500 euros + 375 euros por cada xogador ou xogadora que exceda dun.