
Máquinas
Esta taxa grava a autorización, celebración ou organización de xogos de sorte, envite ou azar realizados mediante máquinas de xogo, cuxo rendemento corresponda á comunidade autónoma de Galicia.
QUEN DECLARA O IMPOSTO?
As persoas ou entidades que teñan a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación.
As entidades que, entre as súas actividades, teñan a celebración ou organización de xogos de azar.
CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?
Vinte primeiros días naturais seguintes á finalización de cada trimestre.
COMO PRESENTO O IMPOSTO?
En todo caso, a presentación será electrónica, a través da Oficina Virtual Tributaria.
CAL É O TIPO IMPOSITIVO?
Deberá pagarse unha cota fixa ou esa cota incrementada por unha proporcional, en función do tipo de máquina de que se trate.