Esta taxa grava a autorización, celebración ou organización do xogo en casinos.

 

QUEN DECLARA O IMPOSTO?

As persoas ou entidades que teñan a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación para os xogos de casinos.

En defecto de autorización ou permiso, as entidades que entre as súas actividades teñan a celebración ou organización de xogos de azar en casinos.

 

CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?

Vinte primeiros días naturais seguintes á finalización de cada trimestre.

 

COMO PRESENTO O IMPOSTO?

En todo caso, a presentación será electrónica, a través da Oficina Virtual Tributaria.

 

CAL É O TIPO IMPOSITIVO?

Aplícase unha tarifa gradual en función da base impoñible.