Guía do imposto Guía do imposto

Artigo 2 Real Decreto 2221/1984, de 12 de decembro.

Constitúe o feito impoñible a autorización, celebración ou organización de xogos de sorte, envite ou azar, a través do xogo do bingo.

Artigo 4 Real Decreto 2221/1984, de 12 de decembro.

Están obrigadas a presentar esta taxa aquelas persoas e entidades ás que se lles outorgue a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación. 
En defecto de autorización ou permiso, están obrigadas as entidades que, entre as súas actividades, conste a celebración ou organización do xogo do bingo.

Artigo 11 Orde de 27 de xaneiro de 2014.

Nos vinte primeiros días naturais de cada mes presentarase o modelo 043, referido ás partidas de bingo celebradas na sala durante o mes inmediato anterior. 

Artigo 2 Orde de 27 de xaneiro de 2014.

As persoas obrigadas a presentar esta taxa, deberán presentala electronicamente a través da OVT. Previamente deben estar dados de alta como usuarios autorizados ante a ATRIGA.

  • O pago poderá realizarse de forma presencial nas entidades colaboradoras autorizadas para os pagos presenciais con NRC.
    Unha vez feito, deberá completarse a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado "Operacións realizadas", onde introducirá o NRC xerado). 
  • O pago pode realizarse de forma electrónica, no momento da confección, a través de: 
    • Domiciliación bancaria. A conta designada debe cumprir as seguintes condicións:
      • Ser propiedade do obrigado ao pago. 
      • Tratarse dunha conta á vista ou dunha conta de aforro que admita a domiciliación de pagos.
      • Estar aberta nunha entidade de crédito autorizada  para actuar como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga.
    • Cargo en conta. 
    • Pago con tarxeta de débito ou crédito mediante TPV virtual (co límite de 3.000 €). 

Recoñecemento de débeda e pago mediante transferencia: o contribuínte que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria previo recoñecemento da mesma, mediante transferencia bancaria.

Artigo 20.dos.b) Decreto Lexislativo 1/2011.

Constitúe a base impoñible desta taxa, a diferenza entre o total dos ingresos derivados da venda dos cartóns (ou o valor facial destes) e as cantidades destinadas aos premios satisfeitos aos xogadores e xogadoras polas súas ganancias. 

A base impoñible determinarase por:

  • Estimación directa, sempre que a sala de bingo conte cun sistema informático homologado. Están obrigados a determinar a base impoñible por este método, os suxeitos pasivos cuxo volume anual de xogo supere o millón de euros.
  • Estimación obxectiva, cando non proceda a estimación directa.

Artigo 20.Tres.4 Decreto Lexislativo 1/2011.

Na modalidade do bingo electrónico o tipo impositivo é o 30%.

No resto de modalidades o tipo impositivo é o 50%.

 

Artigos 9, 17, 18, 19 Orde 27 de xaneiro de 2014

  • Alta no Censo electrónico de salas de bingo de Galicia (Cesbiga).
    Presentada a solicitude de autorización de acceso á OVT, a Administración tributaria procederá a dar de alta a sala de bingo no Cesbiga.
  • Declaración de modificación de datos censales da sala de bingo.
    Se se producise algunha modificación nos datos inscritos no censo, incluído o cambio de suxeito pasivo, os suxeitos pasivos deben presentar comunicación electrónica, mediante o modelo 006, no prazo de vinte días naturais contados desde o momento en que se produza dita modificación.
  • Solicitude e subministración de cartóns.
    Realízase de forma telemática a través da OVT

Máis información

Como acceder á Oficina Virtual como usuario autorizado