Imposto sobre actividades do xogo Imposto sobre actividades do xogo

A autorización, celebración ou organización de xogos, sorteos, concursos, apostas e actividades de ámbito estatal, regulada no apartado 1 do artigo 2, así como combinacións aleatorias con fins publicitarios ou promocionais, así mesmo, de ámbito estatal, a pesar da exclusión do concepto de xogo, regulado na letra c) do apartado 2 do mesmo artigo.

Para máis información consultar o artigo 48 da lei 13/2011

As persoas físicas, xurídicas ou entidades incluídas no apartado 4 do artigo 35 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que exploten, organicen ou desenvolvan as actividades gravadas por este imposto.

Para máis información consultar o artigo 48 da lei 13/2011

Poderá estar constituído, segundo cada tipo de xogo, por:

a) Os ingresos brutos, definidos como o importe total das cantidades dedicadas á participación no xogo, así como calquera outro ingreso que se poida obter, directamente derivado da súa organización ou celebración.

b) Os ingresos netos, definidos como o importe total das cantidades dedicadas á participación no xogo, así como calquera outro ingreso que se poida obter, directamente derivado da súa organización ou celebración, descontando os premios aboados polo operador aos participantes. . No caso de apostas cruzadas ou xogos nos que os contribuíntes non obteñan como ingresos propios as cantidades xogadas, senón que simplemente as cedan aos xogadores que as gañaron, a base impoñible integrarase polas comisións, así como por calquera cantidade por servizos relacionados coas actividades de xogo, calquera que sexa a súa denominación, aboadas polos xogadores ao contribuínte.

Para máis información consultar o artigo 48 da lei 13/2011.

  1. Apostas deportivas estatais, con suxeición ás obrigas derivadas do Real decreto 419/1991, do 27 de marzo, polo que se regula o reparto de recadacións e premios das apostas deportivas estatais: 22 por cento.
  2. Apostas deportivas mutuas, de contrapartida e cruzadas; apostas mutuas e coincidentes de cabalos; outras apostas mutuas, de contrapartida e cruzadas: 20 por cento.
  3. Sorteos: 20 por cento, agás os declarados de utilidade pública ou benéfica que tributarán ao 5 por cento.
  4. Concursos e outros xogos: 20 por cento.
  5. Combinacións aleatorias con fins publicitarios ou promocionais: 10 por cento.

Para máis información consultar o artigo 48 da lei 13/2011

Artigo 48 da lei 13/2011

A devindicación do imposto producirase coa autorización, celebración ou organización. Cando se trate de autorizacións, celebracións ou organizacións que se estendan a períodos temporais, a devindicación producirase o primeiro día de cada ano natural, agás o ano en que se obteña a autorización, no que a devindicación se producirá na data da súa autorización. 

Nos supostos de autorización, celebración ou organización que alcancen a períodos temporais, os obrigados tributarios deberán efectuar a declaración e autoliquidar o imposto. En particular, cando se trate de actividades anuais ou plurianuais, deberase efectuar a declaración e autoliquidar o imposto trimestralmente, no prazo do mes seguinte ao do final de cada trimestre. 

Noutro caso, o imposto será obxecto de liquidación administrativa. Con todo, nos supostos de devindicación coa celebración ou organización da actividade de que se trate, o obrigado tributario deberá poñer en coñecemento da Administración a súa vontade de levala a efecto, para a práctica dunha liquidación provisional en función dos ingresos estimados susceptibles de obtención e que terá o carácter de a conta da liquidación definitiva que se practique, unha vez acreditado o importe definitivo dos ingresos obtidos no prazo de vinte días a partir da finalización da actividade. Esa obrigación será igualmente esixible cando non sexa posible a liquidación definitiva nos supostos de autorización. 

Para máis información, consultar o artigo 48 da lei 13/2011