Transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
Beneficios fiscais aprobados por Galicia
Os beneficios aplicables na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas son:
Tipos de gravame reducidos:
Para a adquisición de vivenda habitual: 7%. A adquisición debe documentarse en escritura pública e a suma do patrimonio dos adquirentes e, no seu caso, dos demais membros das súas unidades familiares non pode superar a cifra de 200.000 €, máis 30.000 € adicionais por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro. |
Para a adquisición de vivenda habitual por persoas discapacitadas: 3%. O adquirente debe ser unha persoa discapacitada física, psíquica ou sensorial con grao de discapacidade igual ou superior ao 65 % e a adquisición documentarase en escritura pública. |
Para a adquisición de vivenda habitual por familias numerosas: 3%. Esíxese que a suma do patrimonio de todos os membros da familia non supere os 400.000 €, máis 50.000 € adicionais por cada membro superior ao mínimo para obter a condición de familia numerosa, e que a adquisición se documente en escritura pública. |
Para a adquisición de vivenda habitual por menores de 36 anos: 3%. A adquisición debe documentarse en escritura pública, constando a idade do adquirente, e a suma do patrimonio de este e, no seu caso, dos demais membros da súa unidade familiar non pode superar a cifra de 200.000 €, máis 30.000 € adicionais por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro. |
Para a adquisición de medios de transporte terrestre, con carácter xeral: 3% |
Para a adquisición de vivendas nas parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas o áreas rurais: 6%. Se se trata de vivenda habitual e se cumpren os requisitos de aplicación do tipo de gravame reducido para adquisición de vivenda habitual, o tipo será do 5%. |
Para a adquisición de vivenda habitual por vítimas de violencia de xénero: 3%. O prezo da vivenda non pode exceder de 150.000 €, formalizándose en escritura pública. |
Para a adquisición de inmobles obxecto de inmediata rehabilitación: 6% |
Deducións e bonificacións na cota íntegra:
Bonificación aplicable aos arrendamentos de vivenda: 100%. Para operacións entre particulares con intermediación do Instituto Galego da Vivenda e Solo ao abeiro de programas de fomento do aluguer. |
Dedución por arrendamento de predios rústicos: 100%. O arrendatario debe ter a condición de agricultor profesional ou silvicultor activo e ser titular dunha explotación agraria á cal queden afectos os elementos obxecto de aluguer, ou ben socio dunha sociedade agraria de transformación, cooperativa de explotación comunitaria da terra ou sociedade civil que sexa titular dunha explotación agraria á que queden afectos os elementos arrendados. Tamén se establece para arrendamentos ou cesións temporais de predios rústicos que leven a cabo para a súa incorporación a polígonos agroforestais, proxectos de aldeas modelo ou agrupacións de xestión conxunta. |
Dedución aplicable á transmisión, ao arrendamento ou á cesión temporal de terreos incorporados ao Banco de Terras de Galicia: 100%. Este beneficio é incompatible con calquera outro que puidese ser de aplicación a esas adxudicacións ou ao encargo de mediación e deberá manterse o destino agrario do predio durante un mínimo de 5 anos. |
Dedución pola adquisición de parcelas forestais que formen parte da superficie de xestión e comercialización conxunta de producións que realicen agrupacións de propietarios forestais dotadas de personalidade xurídica: 100%. Deben ser realizadas con terceiros que se integren na agrupación ou entre membros das mesmas e manterse a propiedade polo prazo que reste de permanencia obrigatoria na xestión conxunta. |
Dedución aplicable ás transmisións de solo rústico: 100%. No caso de que exista unha construción non afecta a explotación agraria, a dedución non se estenderá á parte da cota que se corresponda co valor na base liquidable da devandita construción e do solo sobre o que se asenta, agás que no prazo máximo dun ano se incorporen a polígonos agroforestais, proxectos de aldeas modelo ou agrupacións de xestión conxunta, ou xa estean adheridas. |
Dedución aplicable ás transmisións de explotacións agrarias de carácter prioritario: cando sexa de aplicación algunha das reducións previstas na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias, aplicarase unha dedución polo importe necesario para que alcance o 100 % do valor do ben obxecto de redución. |
Dedución por adquisición de vivenda habitual por persoas con discapacidade, familias numerosas, menores de 36 anos e vítimas de violencia de xénero en áreas rurais: 100%. O contribuínte debe ter dereito a aplicar o tipo de gravame reducido correspondente. |
Dedución para a promoción de solo industrial: 100%. A adquisición debe ser realizada por entidades instrumentais do sector público que teñan entre as súas funcións ou obxecto social dita finalidade. |
Dedución para adquisicións de inmobles que se atopen nalgunha das parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais e que se afecten como inmobilizado material a una actividade económica: 100%. No caso de que o inmoble non se sitúe en ningunha das parroquias consideradas pouco poboadas ou áreas rurais, a dedución será do 50%. |
Dedución aplicable ás transmisións de elementos afectos a explotacións agrarias: 100%. A adquisición deberá formalizarse en escritura pública e manterse os elementos afectos á explotación agraria durante un prazo de 5 anos. Esta dedución resulta incompatible coa dedución pola adquisición de parcelas forestais que formen parte da superficie de xestión e comercialización conxunta de producións que realicen agrupacións de propietarios forestais dotadas de personalidade xurídica e coa dedución aplicable ás transmisións de solo rústico. |