
Transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
Beneficios fiscais aprobados por Galicia
Os beneficios aplicables na modalidade de actos xurídicos documentados, documentos notariais, son:
A ter en conta: En canto aos beneficios fiscais aprobados por Galicia neste imposto, equipárase ao concepto de vivenda aquel local comercial adquirido para uso de vivenda, sempre que se cumpran os requisitos esixidos. Ver máis información
Tipos de gravame reducidos:
Para a adquisición de vivenda habitual e a constitución de préstamos hipotecarios destinados ao seu financiamento: 1%. A operación debe documentarse en escritura pública e a suma do patrimonio dos adquirentes e, no seu caso, dos demais membros das súas unidades familiares non pode superar a cifra de 200.000 €, máis 30.000 € adicionais por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro. |
Para a adquisición de vivenda habitual por persoas discapacitadas e a constitución de préstamos hipotecarios destinados ao seu financiamento: 0,5%. O adquirente debe ser unha persoa discapacitada física, psíquica ou sensorial con grao de discapacidade igual ou superior ao 65 % e a operación documentarase en escritura pública. |
Para a adquisición de vivenda habitual por familias numerosas e a constitución de préstamos hipotecarios destinados ao seu financiamento: 0,5%. Esíxese que a suma do patrimonio de todos os membros da familia non supere os 400.000 €, máis 50.000 € adicionais por cada membro superior ao mínimo para obter a condición de familia numerosa, e que a operación se documente en escritura pública. |
Para a adquisición de vivenda habitual por menores de 36 anos e a constitución de préstamos hipotecarios destinados ao seu financiamento: 0,5%. A operación debe documentarse en escritura pública, constando a idade do adquirente, e a suma do patrimonio deste e, no seu caso, dos demais membros da súa unidade familiar non pode superar a cifra de 200.000 €, máis 30.000 € adicionais por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro. |
Para as sociedades de garantía recíproca: 0,1%. Para o caso de documentos notariais que formalicen a constitución, modificación e cancelación de dereitos reais de garantía, cando o suxeito pasivo sexa unha sociedade de garantía recíproca con domicilio social en Galicia. |
Para a adquisición de vivenda habitual por vítimas de violencia de xénero: 0,5%. O prezo da vivenda non pode exceder de 150.000 €, formalizándose en escritura pública. |
Deducións e bonificacións na cota íntegra:
Bonificación aplicable ás adquisicións, declaracións de obra nova, división horizontal e dereitos reais de garantía de edificios destinados a vivendas de alugueiro: 75% Entenderase concedida con carácter provisional, debendo incluírse no documento que o promotor da edificación vai dedicarse directamente á súa explotación no réxime de arrendamento e destinar a esta actividade a totalidade das vivendas existentes na mesma. |
Dedución pola adquisición de parcelas forestais que formen parte da superficie de xestión e comercialización conxunta de producións que realicen agrupacións de propietarios forestais dotadas de personalidade xurídica: 100%. Deben ser realizadas con terceiros que se integren na agrupación ou entre membros das mesmas e manterse a propiedade polo prazo que reste de permanencia obrigatoria na xestión conxunta. |
Dedución para a constitución de préstamos ou créditos hipotecarios destinados á cancelación doutros préstamos ou créditos hipotecarios que foron destinados á adquisición de vivenda habitual: 100%. |
Dedución nas operacións de subrogación, modificación ou novación modificativa de préstamos e créditos hipotecarios concedidos para o investimento en vivenda habitual: 100%. |
Dedución nas adquisicións de local de negocios para a constitución dunha empresa ou negocio profesional: 100%, cun límite de 1.500 €. Entenderase producida a constitución cando se cause alta por primeira vez no censo de empresarios, profesionais e retedores. O centro principal de xestión da empresa ou negocio profesional, ou o domicilio fiscal da entidade, debe situarse en Galicia e manterse durante tres anos. |
Dedución na constitución e modificación de préstamos ou créditos hipotecarios e operacións de arrendamento financeiro, concedidos para o financiamento das adquisicións de local de negocios para a constitución dunha empresa ou negocio profesional: 100%, cun límite de 1.500 €. A adquisición debe estar beneficiada pola dedución anterior. |
Dedución aplicable ás agregacións, agrupacións e segregacións para posterior agregación ou agrupación de predios que conteñan solo rústico: 100%. No caso de que exista unha construción non afecta a unha explotación agraria, a dedución non se estenderá á parte da cota que se corresponda co valor na base liquidable da devandita construción e do solo sobre o que se asenta, agás que no prazo máximo dun ano se incorporen a polígonos agroforestais, proxectos de aldeas modelo ou agrupacións de xestión conxunta, ou xa estean adheridas. |
Dedución por adquisición de vivenda habitual e por constitución de préstamos hipotecarios destinados ao seu financiamento, por persoas con discapacidade, familias numerosas, menores de 36 anos e vítimas de violencia de xénero en áreas rurais: 100%. O contribuínte debe ter dereito a aplicar o tipo de gravame reducido correspondente. |
Dedución para a promoción de solo industrial: 100%. Aplicarase en caso de compras, vendas e actos de agrupación, agregación, segregación e división de solo industrial realizadas por entidades instrumentais do sector público que teñan entre as súas funcións ou obxecto social a promoción do devandito solo. |
Dedución para la adquisición onerosa, agrupación, división, segregación, declaración de obra nova e división horizontal de inmobles que se atopen nalgunha das parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais e que se afecten como inmobilizado material a unha actividade económica: 100%. No caso de que o inmoble non se sitúe en ningunha das parroquias consideradas pouco poboadas ou áreas rurais, a dedución será do 50%. |
Dedución aplicable en supostos de transmisión de elementos afectos a explotacións agrarias: 100%. Os elementos adquiridos deben manterse afectos á explotación agraria durante un prazo de 5 anos. Esta dedución resulta incompatible coa dedución pola adquisición de parcelas forestais que formen parte da superficie de xestión e comercialización conxunta de producións que realicen agrupacións de propietarios forestais dotadas de personalidade xurídica. |
Dedución aplicable á constitución ou adquisición de dereitos reais de garantía sobre inmobles necesarios para implantar instalacións ou infraestruturas para producir enerxías renovables en áreas empresariais: 100%. |
Dedución aplicable a determinadas operacións de vivenda protexida de promoción pública: 100% As operacions deber polo Instituto Galgo de Vivienda e Solo pou polas entidades participadas maioritariamente polo sector público autonómico. |