- Letras de cambio
- Documentos que realizan función de xiro ou que suplen as letras
- Resgardos ou certificados de depósitos transmisibles
- Notas promisorias, bonos, obrigacións
- Demais títulos análogos emitidos en serie, por un prazo non superior a 18 meses, representativos de capitais alleos, polos cales se satisfaga unha contraprestación establecida pola diferenza entre o importe satisfeito na emisión e o comprometido a reembolsar a vencemento.
No caso de documentos de xiro, substitutivos das letras, resgardos, notas promisorias, bonos, obrigacións e títulos análogos, é suxeito pasivo a persoa ou entidade que os expide.
Para as letras de cambio será a persoa que a entregue (librador), a menos que esta se expedise no estranxeiro, nese caso o suxeito pasivo é o primeiro titular en España.
Será responsable solidario toda persoa ou entidade que interveña na negociación ou cobro dos efectos.
A orde do 12 de novembro de 2001, do Ministerio de Facenda (BOE numero 275), do 16 de novembro de 2001, autoriza ao pago en metálico do imposto de actos xurídicos documentados, na modalidade de documentos mercantís, ás seguintes persoas ou entidades:
- As entidades financeiras responsables do pago do imposto, conforme ao artigo 35 da LITPyAJD, respecto dos recibos, xustificantes de pagamento, cheques e outros documentos, mediante o modelo 610.
- As entidades e persoas emisoras de documentos aos que resulte de aplicación o disposto no artigo 17.4 da Lei 7/1996 (de 15 de xaneiro, de ordenación do comercio retallista), respecto aos documentos que realicen función de xiro ou suplan as letras del cambio (en substitución do emprego de efectos timbrados), mediante o modelo 615.
Quen estivera facendo uso desta autorización, deberán comunicalo á Atriga, de forma electrónica, mediante escrito dirixido á Área de Xestión Tributaria, indicando a data desde a que fan uso da autorización.
Quen non estiveran facendo uso da autorización e pretendan facelo, deberán comunicar á Atriga, de forma electrónica, a data desde a que comezarán a facer uso de dita autorización, data que deberá coincidir co inicio dun trimestre natural, sendo aplicable a autorización aos documentos mercantís admitidos a negociación por ditas entidades a partir da citada data.
Para iso poderán utilizar os seguintes modelos:
Artigo 22 da Orde do 9 de decembro de 2020.
Para os modelos 610 e 615:
Nos vinte primeiros días naturais do mes presentaranse todos os documentos admitidos a negociación/cobranza ou emitidos durante o mes natural inmediato anterior.
Para o modelo 630:
O prazo será dun mes desde a emisión da letra de cambio (ou da primeira tenza en España se se emitiu no estranxeiro).
Artigos 17 e 18 da Orde do 9 de decembro de 2020
En todo caso a presentación será electrónica, a través da OVT.
Utilizarase un destes modelos:
Modelo 610: Pago en metálico do imposto que grava os recibos, notas promisorias, cheques e outros documentos mercantís, en substitución do emprego de efectos timbrados, por entidades autorizadas para colaborar na recadación e que interviñesen na negociación ou cobro dos efectos.
Modelo 615: Pago en metálico do imposto que grava a emisión de documentos que leven aparellada acción cambiaria ou sexan endosables á orde, por comerciantes retallistas que emitan documentos con acción cambiaria aparellada.
Modelo 630: para as autoliquidacións que se practiquen polo exceso do importe das letras de cambio con cota superior a 192.323,87 euros, así como polas letras de cambio expedidas no estranxeiro que produzan calquera efecto xurídico ou económico en España.
- O pago poderá realizarse de forma presencial nas entidades colaboradoras autorizadas para os pagos presenciais con NRC ou mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais, co documento de ingreso telemático presencial (Modelo 717).
Unha vez feito, deberá completar a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado "Operacións realizadas", onde introducirá o NRC xerado).
- O pago pode realizarse de forma electrónica, no momento da confección, a través de:
- Domiciliación bancaria. A conta designada debe cumprir as seguintes condicións:
- Ser propiedade do obrigado ao pago.
- Tratarse dunha conta á vista ou dunha conta de aforro que admita a domiciliación de pagos.
- Estar aberta nunha entidade de crédito autorizada para actuar como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga.
- Cargo en conta.
- Pago con tarxeta de débito ou crédito mediante TPV virtual (co límite de 3.000 €).
- Pago por Bizum
Máis información sobre o xiro postal e Bizum.
Recoñecemento de débeda e pago mediante transferencia: o contribuínte que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria previo recoñecemento da mesma, mediante transferencia bancaria.
A base impoñible será:
- Letras de cambio e documentos que fan función de xiro: cantidade xirada.
- Certificados de depósito: importe nominal.
- Notas promisorias, bonos, obrigacións e títulos análogos: importe do capital que a entidade emisora se compromete a reembolsar.
Tanto as letras de cambio como os documentos que realicen función de xiro ou suplen as letras, aplícase a escala de gravame vixente.
No caso de notas promisorias, bonos, obrigacións e resto de títulos análogos, tributan ao tipo do 3 por cada 1.000 ou fracción, e liquídase en metálico.
Más información: Preguntas frecuentes en caso de actos jurídicos documentados