Actos xurídicos documentados. Documentos mercantís
Documentos como as letras de cambio, os resgardos ou certificados de depósitos transmisibles, as notas promisorias, bonos e obrigacións, entre outros, están suxeitos á modalidade de actos xurídicos documentados, documentos mercantís.
QUEN DECLARA O IMPOSTO?
Con carácter xeral, a persoa ou entidade que expide o documento.
En caso de letras de cambio, a persoa que a entregue.
CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?
Nos vinte primeiros días naturais de cada mes natural presentarase:
-Todos os documentos admitidos a negociación ou cobranza durante o mes natural inmediato anterior, mediante o modelo 610.
-Todos os documentos emitidos durante o mes natural inmediato anterior, mediante o modelo 615.
En caso de letras de cambio, un mes desde a emisión.
COMO PRESENTO O IMPOSTO?
A presentación do imposto será, en todo caso, a través da Oficina Virtual Tributaria.
CAL É O TIPO IMPOSITIVO?
Tanto para as letras de cambio como para os documentos que realicen función de xiro ou suplan as letras, aplícase a escala de gravame vixente.
No caso de notas promisorias, bonos, obrigacións e resto de títulos análogos, tributan ao tipo do 3 por cada 1.000 ou fracción, e liquídase en metálico.
Temas relacionados
-
Valoración de bens inmobles
Poñemos á súa disposición os seguintes medios para que poida exercer o seu dereito a ser informado dos valores dos inmobles que serán obxecto de adquisición ou cesión.
Saber máis -