Compra de leiras rústicas Compra de leiras rústicas

A compra dunha leira rústica está suxeita ao Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (modalidade Transmisións Patrimoniais Onerosas), debendo presentar o comprador o modelo 600 no prazo de 1 mes desde a compra.
O importe para pagar determinarase aplicando sobre o valor da leira o tipo impositivo, que é do 8% (a clave para incluír no modelo é: TR0 para leiras rústicas de secaño e TR1 para leiras rústicas de regadío). Con todo, a adquisición deste tipo de leiras ten unha dedución do 100% na cota* (o código para incluír na modelo é: N), co que non se pagará o imposto, pero deberase presentar igualmente o modelo 600.

*Se sobre a leira rústica hai unha construción, a dedución non se lle poderá aplicar á parte que se corresponda co valor da devandita construción e do chan sobre o que se asenta, salvo que se trate dunha construción afecta a unha explotación agraria en funcionamento, ou que a leira rústica pertenza, ou vaia a incorporarse no prazo dun ano desde a compra, a algún dos polígonos agroforestais, proxectos de aldeas modelo ou agrupacións de xestión conxunta previstos na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, nese caso, a dedución aplícase sobre o valor total da leira e de construción.

Temas relacionados Temas relacionados