Imagen sección Taxas e prezos

Taxas e prezos

Decreto 297/1995, do 16 de novembro, polo que se modifica o Decreto 8/1993, do 19 de xaneiro, polo que se fixan os prezos públicos que percibirá a Xunta de Galicia no Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos, Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial e pola realización de copias de planos de demarcación de dereitos mineiros. (DOG nº 225, de 23 de novembro de 1995) Decreto 297/1995, do 16 de novembro, polo que se modifica o Decreto 8/1993, do 19 de xaneiro, polo que se fixan os prezos públicos que percibirá a Xunta de Galicia no Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos, Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial e pola realización de copias de planos de demarcación de dereitos mineiros. (DOG nº 225, de 23 de novembro de 1995)

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia establece, no capítulo segundo do seu título II, ó réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos (1).

O artigo 12 da devandita lei sinala igualmente que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería de que dependa o órgano ou entidade ofertante.

Así, apróbase o Decreto 8/1993, do 19 de xaneiro, polo que se fixan os prezos públicos que percibirá a Xunta de Galicia no Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos, no Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial e pola realización de copias de planos de demarcación de dereitos mineiros.

A elevación dos custos de realización das distintas análises que leva a cabo o Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial fai necesario, para permiti-lo equilibrio económico entre o servicio que se presta o prezo percibido, o incremento das contías dos distintos parámetros analizados. Así mesmo, faise necesario amplia-los parámetros analizados recollendo outras análises que hoxe pode realiza-lo Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial.

Sendo pois necesario modifica-las contías dos distintos parámetros do prezo público percibido pola Xunta de Galicia no Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial así como o establecemento de novos parámetros e as súas contías por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícase a táboa contida no parágrafo 2º do artigo 3 do Decreto 8/1993, do 19 de xaneiro, quedando do seguinte xeito:

  1. PH 1.000 (6,010121)
  2. Sólidos en suspensión1.500 (9,015182)
  3. Materiais sedimentables1.050 (6,310627)
  4. Sólidos graxos1.000 (6,010121)
  5. D.B.O.5 (mg/l)3.750 (22,537954)
  6. DQO (mg/l)2.100 (12,621254)
  7. Temperatura ºC1.000 (6,010121)
  8. Cor1.000 (6,010121)
  9. Aluminio (mg/l)3.530 (21,215727)
  10. Arsénico (mg/l)5.400 (32,454654)
  11. Bario (mg/l)3.530 (21,215727)
  12. Boro (mg/l)3.530 (21,215727)
  13. Cadmio (mg/l)2.780 (16,708137)
  14. Cromo III (mg/l)2.780 (16,708137
  15. Cromo IV (mg/l)2.780 (16,708137)
  16. Ferro (mg/l)2.780 (16,708137)
  17. Manganeso (mg/l)2.780 (16,708137)
  18. Níquel (mg/l)2.780 (16,708137)
  19. Mercurio (mg/l)5.400 (32,454654)
  20. Chumbo (mg/l)2.780 (16,708137)
  21. Selenio (mg/l)5.400 (32,454654)
  22. Estaño (mg/l)3.530 (21,215727)
  23. Cobre (mg/l)2.780 (16,708137)
  24. Cinc (mg/l)2.780 (16,708137)
  25. Cianuros (mg/l)3.900 (23,439472)
  26. Cloruros (mg/l)2.200 (13,222266)
  27. Sulfuros (mg/l)2.600 (15,626315)
  28. Sulfitos (mg/l)2.600 (15,626315
  29. Sulfatos (mg/l)2.200 (13,222266)
  30. Fluoruros (mg/l)2.200 (13,222266)
  31. Fósforo total (mg/l)3.000 (18,030363)
  32. Amoníaco (mg/l)3.000 (18,030363)
  33. Nitróxeno nítrico (mg/l)3.000 (18,030363)
  34. Aceites e graxas (mg/l)3.400 (20,434412)
  35. Fenois (mg/l)4.300 (25,843520)
  36. Aldehídos (mg/l)4.300 (25,843520)
  37. Deterxentes (mg/l)4.300 (25,843520)
  38. Pesticidas (mg/l)6.500 (39,065787)
  39. Conductividade1.000 (6,010121)
  40. PCBs (policlorobifenilos)(mg/l)6.500 (39,065787)
  41. Nitróxeno Kjedhal (mg/l)3.050 (18,330869)
  42. Turbidez1.500 (9,015182)
  43. Osíxeno disolto (mg/l)1.500 (9,015182)
  44. Anións (bromuros, fluoruros, cloruros, sulfatos, nitratos, nitritos e fostatos) (mg/l) 4.050 (24,340990)
  45. Catións (sodio, litio, potasio, amonio, manganeso, e calcio) (mg/l)4.050 (24,340990)
  46. Oxidabilidade ou permanganato potásico (mg/l) 2.500 (15,025302)
  47. Dureza (ºHF) 2.200 (13,222266)
  48. Nitratos (mg/l) 3.000 (18,030363)
  49. Residuo seco (mg/l) 1.400 (8,414169)
  50. Acidez e alcalinidade (mg/l) 2.100 (12,621254)
  51. Calcio (mg/l)2.780 (16,708137)
  52. Cromo (mg/l)2.780 (16,708137)
  53. Cobalto (mg/l) 2.780 (16,708137)
  54. Potasio (mg/l)2.780 (16,708137)
  55. Sodio (mg/l)2.780 (16,708137)
  56. Manganeso (mg/l)2.780 (16,708137)
  57. Sílice (mg/l)3.530 (21,215727)
  58. Vanadio (mg/l)3.530 (21,215727)

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

(1) Esta referencia debe entenderse feita á Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.