Artigos
Artigo 1.º Obxecto.
O presente decreto ten por obxecto a fixación dos prezos públicos percibidos pola Xunta de Galicia no Laboratorio de Contrastación de Obxectos de Metais Preciosos (1) e no Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial, así como pola realización de copias de planos de demarcación de dereitos mineiros (2).
Art. 2.º Prezos públicos percibidos polo Laboratorio de Contrastación de Obxectos de Metais Preciosos. (3)
(...)
Art. 3.º Prezos públicos percibidos no Laboratorio Rexional do Medio Ambiente Industrial.
- Son a contraprestación percibida pola realización do análise dos distintos contaminantes contidos nos vertidos hídricos da industria galega, concretamente os parámetros recollidos na táboa do anexo ó título IV do Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real Decreto 449/1986, de 11 abril.
- Os prezos públicos esixiranse acorde coas tarifas que se conteñen na seguinte táboa: (4)
(...)
Art. 4.º Prezo público pola realización de copias de planos de demarcación de dereitos mineiros. (5)
(...)
Disposición adicional.
A xestión, liquidación e recadación dos prezos públicos establecidos neste decreto axustarase ó disposto no Decreto 172/1992, de 26 xuño (6).
Disposición final.
Este Decreto entrará en vigor el día seguinte ó da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».
(1) Debe entenderse non aplicable desde a entrada en vigor da Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
(2) Debe entenderse non aplicable desde a entrada en vigor da Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras de la Comunidade Autónoma de Galicia.
(3) Debe entenderse non aplicable desde a entrada en vigor da Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras de la Comunidade Autónoma de Galicia.
(4) Tabula modificada polo artigo único do Decreto 297/1995, de 16 de novembro, polo que se modifica o Decreto 8/1993, de 19 de xaneiro, polo que se fixan os prezos públicos que percibirá a Xunta de Galicia no Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos, Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial e pola realización de copias de planos de demarcación de dereitos mineiros. (DOG nº 225 de 23 de novembro de 1995).
(5) Debe entenderse non aplicable desde a entrada en vigor da Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos y exaccións reguladoras de la Comunidade Autónoma de Galicia.
(6) A referencia debe entenderse feita ó Decreto 61/2005, do 7 de abril, polo que se ditan as normas para a aplicación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 71 de 14 de abril de 2005).
Data publicación:
25/10/2008
Tipo de disposición:
Decreto
Tipo de Contido:
Axuda
Estado:
Vixente
Orixe:
Autonómica