
Sucesións
Esta modalidade do imposto grava as adquisicións por persoas físicas derivadas de calquera dos títulos sucesorios recoñecidos pola normativa civil, entre os que destacan a herdanza e os pactos sucesorios.
QUEN DECLARA O IMPOSTO?
O adquirente, sempre que sexa unha persoa física.
CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?
Seis meses en caso de herdanza, e un mes en caso de pacto sucesorio.
COMO PRESENTO O IMPOSTO?
Podes presentalo de forma electrónica a través da Oficina Virtual Tributaria, ou ben de forma presencial acudindo a algunha das nosas oficinas.
CAL É O TIPO IMPOSITIVO?
A tarifa aplicable dependerá do grao de parentesco.
Consulta a guía do imposto para obter máis información.
CITA
Se queres acudir ás nosas oficinas para presentar o imposto con cita, podes pedila a través desta ligazón.
Podes obter máis información aquí: