Guía do imposto Guía do imposto

Artigo 3 da Lei 29/1987

Está suxeita ao imposto sobre doazóns, a adquisición de bens e dereitos por doazón ou calquera outro negocio xurídico a título gratuíto entre  vivos.

Artigo 5 da Lei 29/1987

A persoa física que recibe os bens e dereitos doados é a obrigada ao pagamento.

 

Artigo 20 da Orde de 21 de xaneiro de 2021

Un mes dende a data na que se realice a doazón.

Artigo 16 da Orde do 21 de xaneiro de 2021

A presentación pode ser presencial ou electrónica:

Artigo 15 da Orde de 21 de xaneiro de 2021

As persoas ou entidades que teñan a condición de colaboradores sociais.

En caso de presentación presencial: 

  • Nunha entidade financeira colaboradora 
  • Mediante tarxeta de débito ou crédito no Terminal de Punto de Venda (TPV) físico das Delegacións da Atriga (co límite de 3.000 € para pagos con tarxeta). 
  • AVISO: As Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario e as de Distrito Hipotecario non dispoñen de TPV físico para realizar o pago nas oficinas. 
  • Mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais. 

No caso de presentación electrónica: 

  • O pago poderá realizarse de forma presencial nas entidades colaboradoras autorizadas para os pagos presenciais con NRC ou mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais, co documento de ingreso telemático presencial (Modelo 717). 
    Unha vez feito, deberá completar a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado "Operacións realizadas", onde introducirá o NRC xerado). 
  • O pago pode realizarse de forma electrónica, no momento da confección, a través de: 
    • Domiciliación bancaria. A conta designada debe cumprir as seguintes condicións:
       - Ser propiedade do obrigado ao pago. 
       - Tratarse dunha conta á vista ou dunha conta de aforro que admita a domiciliación de pagos. 
       - Estar aberta nunha entidade de crédito autorizada para actuar como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga.
    • Cargo en conta. 
    • Pago con tarxeta de débito ou crédito mediante TPV virtual (co límite de 3.000 €). 
    • Pago por Bizum

Máis información sobre o xiro postal e Bizum

Recoñecemento de débeda e pago mediante transferencia: o contribuínte que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria previo recoñecemento da mesma, mediante transferencia bancaria.

Artigos 9 a 14 da Orde de 21 de xaneiro de 2021

  • Documento ou contrato que recolle a doazón. Se é escritura, a copia auténtica, e se é documento privado, o orixinal.
  • Se resulta aplicable algún beneficio fiscal, documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos necesarios para a súa aplicación.
  • Modelo 651 cumprimentado.

Artigo 9 da Lei 29/1987

Constitúe a base impoñible o valor neto do adquirido, é dicir, o valor dos bens e dereitos minorado polas cargas e débedas que fosen deducibles.

Considerarase valor dos bens e dereitos o maior entre:

 - Valor de mercado. 

 - Valor declarado polos interesados.

En caso de bens inmobles con valor de referencia, tomarase este como valor de mercado.

Tes máis información sobre o valor de referencia en valoración de inmobles.

Artigos 9 e 10 do Decreto Lexislativo 1/2011

Sobre a base impoñible débese aplicar a tarifa para obter a cota íntegra. Determinada esta cota, tense que aplicar un coeficiente multiplicador, que depende do grao de parentesco e do patrimonio preexistente, dando como resultado a cota tributaria. 

Tarifa

Para os grupos de parentesco I e II, se a doazón se efectúa en escritura pública:

Base liquidable
Ata euros
Cota íntegra
(euros)
Resto base liquidable
Ata euros
Tipo aplicable
Porcentaxe
0 0 200.000 5%
200.000 10.000 400.000 7%
600.000 38.000 En diante 9%

 

Para grupos de parentesco I e II, se a doazón se efectúa en documento privado:

Base liquidable
Ata euros
Cota íntegra
(euros)
Resto base liquidable
Ata euros
Tipo aplicable
Porcentaxe
0 0 50.000 5%
50.000 2.500 75.000 7%
125.000 7.750 175.000 9%
300.000 23.500 500.000 11%
800.000 78.500 800.000 15%
1.600.000 198.500 En diante 18%

 

Para grupos de parentesco III y IV:

Base liquidable
Ata euros
Cota íntegra
(euros)
Resto base liquidable
Ata euros
Tipo aplicable
Porcentaxe
0,00 0,00 7.993,46 7,65%
7.993,46 611,50 7.987,45 8,50%
15.980,91 1.290,43 7.987,45 9,35%
23.968,36 2.037,26 7.987,45 10,20%
31.955,81 2.851,98 7.987,45 11,05%
39.943,26 3.734,59 7.987,46 11,90%
47.930,72 4.685,10 7.987,45 12,75%
55.918,17 5.703,50 7.987,45 13,60%
63.905,62 6.789,79 7.987,45 14,45%
71.893,07 7.943,98 7.987,45 15,30%
79.880,52 9.166,06 39.877,15 16,15%
119.757,67 15.606,22 39.877,16 18,70%
159.634,83 23.063,25 79.754,30 21,25%
239.389,13 40.011,04 159.388,41 25,50%
398.777,54 80.655,08 398.777,54 29,75%
797.555,08 199.291,40 En diante 34,00%

 

Coeficiente multiplicador:

Patrimonio preexistente
Euros
I y II III IV
De 0 a 402.678,11 1 1,5882 2
De más de 402.678,11 a 2.007.380,43 1 1,6676 2,1
De más de 2.007.380,43 a 4.020.770,98 1 1,7471 2,2
Más de 4.020.770,98 1 1,9059 2,4

 

Máis información

Preguntas frecuentes en caso de doazóns

Beneficios fiscais aprobados por Galicia