Esta modalidade do imposto grava as adquisicións gratuítas derivadas de actos entre persoas vivas, destacando a doazón.

QUEN DECLARA O IMPOSTO?

O adquirente, sempre que sexa unha persoa física.

CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?

Un mes.

COMO PRESENTO O IMPOSTO?

Podes presentalo de forma electrónica a través da Oficina Virtual Tributaria, ou ben de forma presencial acudindo a algunha das nosas oficinas.

CAL É O TIPO IMPOSITIVO?

A tarifa aplicable dependerá do grao de parentesco.

Consulta a guía do imposto para obter máis información.

CITA

Se queres acudir ás nosas oficinas para presentar o imposto con cita,  podes pedila a través desta ligazón.

 

Podes obter máis información aquí: