Imposto sobre Sucesións e Doazóns Imposto sobre Sucesións e Doazóns

    

Artigos 1 e 3 da Lei 29/1987 

Este tributo grava os incrementos patrimoniais obtidos a título lucrativo por persoas físicas, en concreto:

  • A adquisición de bens e dereitos por herdanza, legado ou calquera outro Título sucesorio.
  • A adquisición de bens e dereitos por doazón ou calquera outro negocio xurídico gratuíto, "intervivos".
  • A percepción de importes por parte dos beneficiarios dos contratos de seguros de vida, cando o contratante sexa unha persoa distinta do beneficiario.
Artigo 5 da Lei 29/1987 
  • Persoas físicas que adquiran bens e dereitos por herdanza, legado ou outro Título sucesorio.
  • Os beneficiarios de seguros de vida, cando o contratante sexa distinto do beneficiario.
  • Persoas físicas que adquiran bens e dereitos por doazón ou por calquera outro negocio xurídico a título gratuíto e inter vivos.
As persoas xurídicas non están suxeitas a este imposto.

Artigo 20 da Orde do 21 de xaneiro de 2021 

Seis meses: 

  • Cando se trate de adquisicións por causa de morte, incluídas as dos beneficiarios de contratos de seguros de vida, contados desde o día do falecemento do causante ou desde aquel en que adquira firmeza a declaración de falecemento. 
  • No caso de consolidacións do dominio no nu propietario por falecemento do usufrutuario cando deban tributar polo imposto sobre sucesións e doazóns, aínda que a desmembración do dominio se realizase por actos inter vivos, a contar desde o día do falecemento do usufrutuario ou desde aquel en que adquira firmeza a declaración de falecemento. 

 

Un mes nos seguintes casos: 

  • Nas adquisicións por causa de morte, nas que non se produza o falecemento do transmitente (pactos sucesorios), a contar desde o seguinte a aquel en que se formalice o acto ou contrato. 
  • Nos demais supostos (doazóns) a contar desde o seguinte a aquel en que se cause o acto ou contrato. 

 

A declaración de documento sucesorio (modelo 660) non ten prazo de presentación.

Artigo 16 da Orde do 21 de xaneiro de 2021

A presentación pode ser presencial ou electrónica:

A presentación poderá realizarse nas delegacións territoriais da Axencia Tributaria de Galicia, así como nas oficinas de distrito hipotecario e oficinas liquidadoras de distrito hipotecario. 

Habilítase un sistema de cita previa preferente para a presentación presencial. 

  • Electrónica: farase a través da OVT cun certificado dixital: 

- Para o Imposto sobre Sucesións, realizarase a través do programa ALIS (Axuda para a liquidación do Imposto de Sucesións), dispoñible para descargar na OVT
- Para o Imposto sobre Doazóns, a través do servizo de Presentación telemática. 
- Para os pactos sucesorios ou doazóns que consten en documento notarial, é requisito imprescindible que o presentador autorice o envío do documento polo notario. Aceptada a presentación da autoliquidación, emitirase un xustificante conforme se presentou o documento notarial.

Artigo 15 da Orde do 21 de xaneiro de 2021

A presentación electrónica é obrigatoria para as persoas ou entidades que, de conformidade co disposto no artigo 92 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, teñan a condición de colaboradores sociais na aplicación dos tributos e cumpran os requisitos e condicións establecidos pola normativa vixente.

No resto dos casos, a presentación poderá ser presencial ou electrónica.

En caso de presentación presencial: 

  • Nunha entidade financeira colaboradora 
  • Mediante tarxeta de débito ou crédito no Terminal de Punto de Venda (TPV) físico das Delegacións da Atriga (co límite de 3.000 € para pagos con tarxeta). 
  • AVISO: As Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario e as de Distrito Hipotecario non dispoñen de TPV físico para realizar o pago nas oficinas. 
  • Mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais. 

No caso de presentación electrónica: 

  • O pago poderá realizarse de forma presencial nas entidades colaboradoras autorizadas para os pagos presenciais con NRC ou mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais, co documento de ingreso telemático presencial (Modelo 717). 
    Unha vez feito, deberá completar a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado "Operacións realizadas", onde introducirá o NRC xerado). 
  • O pago pode realizarse de forma electrónica, no momento da confección, a través de: 
    • Domiciliación bancaria. A conta designada debe cumprir as seguintes condicións:
       - Ser propiedade do obrigado ao pago. 
       - Tratarse dunha conta á vista ou dunha conta de aforro que admita a domiciliación de pagos. 
       - Estar aberta nunha entidade de crédito autorizada para actuar como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga.
    • Cargo en conta. 
    • Pago con tarxeta de débito ou crédito mediante TPV virtual (co límite de 3.000 €). 
    • Pago por Bizum

Máis información sobre o xiro postal e Bizum

Para solicitar o aprazamento ou fraccionamento da débeda tributaria, tense que presentar unha solicitude acompañada da documentación necesaria para identificar a débeda e, no seu caso, a garantía correspondente, xunto coa proposta dun calendario de ingresos e a documentación que xustifique a existencia de dificultades económicas. 

 
Non se exixirá ningún tipo de garantía cando o importe total das débedas do mesmo debedor non supere os 30.000 euros (Orde HAP/347/2016, do 11 de marzo). 

A solicitude pódese presentar: 

Presencialmente: 

Electrónicamente: 

A solicitude dirixirase ao Departamento de Recadación da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia competente para a tramitación do imposto. Se a xestión do imposto corresponde ás Oficinas Liquidadoras do Distrito Hipotecario da Coruña, a solicitude dirixirase ao Departamento de Recadación desa Delegación.

 

Artigos 9 a 14 da Orde do 21 de xaneiro de 2021

En caso de adquisición por causa de morte:

- Os contribuíntes deberán presentar, xunto coa correspondente autoliquidación do modelo 650, o modelo D650 que conteña a relación de bens transmitidos (salvo nos supostos previstos no artigo 4 da Orde do 21 de xaneiro de 2021). 
- No caso de pacto sucesorio, deberá achegarse copia auténtica do documento notarial en que conste a devandita transmisión 

- Certificado de defunción do causante. 
- Certificado do Rexistro Xeral de Actos de Última Vontade. 
-Testamento ou copia autorizada deste se o houber e, na súa falta, acta de notoriedade ou testemuño xudicial da declaración de herdeiros, segundo proceda. 
-Un exemplar dos contratos de seguro concertados polo causante ou certificación expedida pola entidade aseguradora no caso de seguro colectivo, onde consten a data de contratación, os beneficiarios e o importe que se percibirá. Así como, un certificado de contratos de seguro de cobertura de falecemento. 
- Xustificación documental do título de adquisición dos bens inmobles incluídos na sucesión e copia do último recibo do imposto sobre bens inmobles (IBI) ou, no seu defecto, certificación catastral do inmoble onde conste a referencia catastral. 
- Certificado que acredite o número de conta, os titulares, o saldo na data do falecemento e o saldo máis alto do último ano anterior a esa data, das contas nas entidades financeiras recollidas na letra e) do apartado 4 do artigo 9 do Orde do 21 de xaneiro de 2021. 
- Certificación expedida polo presidente, secretario ou administrador da sociedade, que acredite o número de títulos propiedade do causante e o seu valor teórico na data de devindicación das participacións no capital social das entidades que non cotizan en bolsa. 
- No caso de vehículos, a ficha técnica e o permiso de circulación. 
- No caso de embarcacións, copia da folla de asento no Rexistro de Embarcacións da capitanía marítima ou licenza de navegación. 
- Xustificación documental de cargas, gravames, débedas e gastos dos que se solicita a dedución. 
- No caso de contribuíntes pertencentes aos grupos III e IV de parentesco, deberán presentar unha relación do seu patrimonio preexistente na data de devindicación do imposto, valorado segundo a normativa do imposto sobre o patrimonio. 
- No caso de aplicación de beneficios fiscais, deberá achegarse tamén a documentación exixida polo artigo 10 da Orde do 21 de xaneiro de 2021. 

A partir do 1 de febreiro de 2021, a presentación de documentos relativos a adquisicións por mortis causa que previamente fosen obxecto de presentación a través dos modelos 650 e, se é o caso D650, que conteñan feitos impoñibles non suxeitos deberase realizar a través do “Modelo 660. Declaración-documento sucesorio”. 
A presentación do modelo de declaración 660 tamén pódese facer de forma presencial ou electrónica. 
Presentarase o modelo 660 xunto coa documentación xustificativa do feito declarado. 
A declaración do modelo 660 non ten prazo de presentación, e poderase facer tamén de forma presencial ou electrónica.  

Artigo 9 da Lei 29/1987

Constitúe a base impoñible do imposto:

  • No imposto de sucesións: o valor neto da adquisición individual, é dicir, o valor dos bens e dereitos minorados polas cargas e débedas que sexan deducibles.
  • No imposto de doazóns: o valor neto dos bens e dereitos adquiridos, é dicir, o valor dos bens e dereitos minorados polas cargas e débedas que sexan deducibles.

Nos seguros sobre a vida, as cantidades percibidas polo beneficiario. Se o contratante do seguro individual ou o asegurado do seguro colectivo é o causante, as cantidades percibidas polo seguro de vida liquidaranse acumulando o seu importe ao resto dos bens e dereitos que integran a porción hereditaria do beneficiario.

Salvo que sexa de aplicación algunha norma especial, o valor dos bens e dereitos considerarase o seu valor de mercado. Non obstante, tomarase como base impoñible o valor declarado se é superior ao valor de mercado.

No caso de bens inmobles tomarase como base impoñible o valor de referencia previsto na normativa reguladora do catastro inmobiliario, na data de devindicación do imposto. Non obstante, tomarase como base impoñible o valor declarado se é superior ao valor de referencia.
Cando non exista valor de referencia ou non poida ser acreditado pola Dirección Xeral do Catastro, a base impoñible, sen prexuízo da comprobación administrativa, será a maior das seguintes magnitudes: o valor declarado polos interesados ​​ou o valor de mercado.

Ten máis información sobre o valor de referencia na web de Atriga, en valoración de inmobles.

 

Artigos 9, 99 e 100 do Real decreto 1629/1991

Aparte das posibles consecuencias derivadas da falta de presentación e ingreso, comúns a todos os impostos, o imposto sobre sucesións e doazóns posúe certas garantías para a súa presentación que convén ter en conta. Así, a súa non presentación ou pago pode implicar que: 

  • Os intermediarios financeiros non autoricen a retirada de fondos aos herdeiros, a venda de valores etc. 
  • As compañías de seguros non entreguen a cantidade contratada ata que se xustifique o pago do imposto 
  • Os rexistros da propiedade non autoricen o cambio de titular dos bens 
  • Os documentos nos que conste o feito impoñible non se admitirán nin terán efecto en oficinas ou rexistros públicos

NOTA: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro da Lei 29/1987, do 18 de decembro, do Imposto sobre Sucesións e Doazóns, nin do Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Sucesións e Doazóns, nin da Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria . Para estes efectos acompáñase o texto íntegro das normas antes citadas para a súa consulta.