Guía do imposto Guía do imposto

Artigo 3 da Lei 19/1991

O feito impoñible deste imposto é ser titular dun determinado patrimonio a 31 de decembro de cada ano.

Artigo 37 da Lei 19/1991

Están obrigadas a presentar as persoas físicas que deban ingresar cota por este imposto e, en todo caso, aquelas cuxo valor dos seus bens e dereitos superen os 2.000.000 de euros.

Artigos 6 a 11 da Orde HAP/2194/2013

Preséntase de forma electrónica, usando o modelo 714 que podes atopar na Sede Electrónica da Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Pódese pagar mediante adeudo, cargo en conta ou domiciliación bancaria, nos mesmos termos previstos para o pago en efectivo nunha soa vez do IRPF.

Artigos 9 a 27 la Lei 19/1991 

A base impoñible é o valor neto do patrimonio neto, é dicir, o valor dos bens e dereitos minorados, por un lado, polas cargas e gravames de natureza real e, por outro lado, no importe das débedas e obrigas de que sexa titular.

Artigo 13, 13 bis e 13 quater do Decreto Lexislativo 1/2011

O patrimonio neto que exceda do mínimo exento de 700.000 euros está suxeito á seguinte escala de gravame:

Base liquidable
Ata euros
Cota
Euros
Resto base liquidable
Ata euros
Tipo aplicable
Porcentaxe
0,00 0,00 167.129,45 0,20
167.129,45 334,26 167.123,43 0,30
334.252,88 835,63 334.246,87 0,50
668.499,75 2.506,86 668.499,76 0,90
1.336.999,51 8.523,36 1.336.999,50 1,30
2.673.999,01 25.904,35 2.673.999,02 1,70
5.347.998,03 71.362,33 5.347.998,03 2,10
10.695.996,06 183.670,29 En adelante 2,50


Sobre a cota íntegra do imposto aplicarase unha bonificación do 50%.

Mentres resulte de aplicación o imposto temporal de solidariedade das grandes fortunas queda suspendida a vixencia da escala e bonificación anteriores, e no seu lugar aplicarase o seguinte réxime (con efectos desde 01.01.2023):

Base liquidable
Ata euros
Cota
Euros
Resto base liquidable
Ata euros
Tipo aplicable
Porcentaxe
0,00 0,00 167.129,45 0,20
167.129,45 334,26 167.123,43 0,30
334.252,88 835,63 334.246,87 0,50
668.499,75 2.506,86 668.499,76 0,90
1.336.999,51 8.523,36 1.336.999,50 1,30
2.673.999,01 25.904,35 2.673.999,02 1,70
5.347.998,03 71.362,33 5.347.998,03 2,10
10.695.996,06 183.670,29 En adelante 3,50


Sobre a cota íntegra do imposto aplicarase unha bonificación do 50 %. Esta dedución reducirase no importe para pagar que derive da aplicación da normativa do imposto temporal de solidariedade das grandes fortunas para o mesmo exercicio, sen que o resultado poida ser negativo.

Se como consecuencia desta redución, se esgotase o importe desta bonificación, reduciranse na contía necesaria as outras deducións autonómicas que resulten de aplicación, sen que o resultado poida ser negativo.

Máis información

Preguntas frecuentes do imposto sobre o patrimonio

Beneficios fiscais aprobados por Galicia