Guía do imposto Guía do imposto

Artigo 40 do RDL 1/1993

As anotacións preventivas que se practiquen nos Rexistros públicos (cando teñan por obxecto un dereito ou interese valuable e non veñan ordenadas de oficio) están suxeitas á modalidade de actos xurídicos documentados, documentos administrativos.

 

A rehabilitación e transmisión de grandezas e títulos nobiliarios é competencia da AEAT.

Artigo 41 do RDL 1/1993

O solicitante é persoa obrigada ó pago do imposto.

 

Artigos 4 e 18 da Orde do 9 de decembro de 2020
A presentación pode ser presencial ou electrónica:

Artigo 17 e disposición adicional segunda da Orde do 9 de decembro de 2020

  • As persoas xurídicas.
  • As entidades sen personalidade xurídica.
  • As persoas que representen a un contribuínte que estea obrigado á presentación electrónica.
  • As persoas ou entidades que exerzan a condición de colaboradores sociais.
 
Quedan excluídas de presentación electrónica as autoliquidacións complementarias do modelo 600.

En caso de presentación presencial: 

  • Nunha entidade financeira colaboradora 
  • Mediante tarxeta de débito ou crédito no Terminal de Punto de Venda (TPV) físico das Delegacións da Atriga (co límite de 3.000 € para pagos con tarxeta). 
  • AVISO: As Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario e as de Distrito Hipotecario non dispoñen de TPV físico para realizar o pago nas oficinas. 
  • Mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais. 

No caso de presentación electrónica: 

  • O pago poderá realizarse de forma presencial nas entidades colaboradoras autorizadas para os pagos presenciais con NRC ou mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais, co documento de ingreso telemático presencial (Modelo 717). 
    Unha vez feito, deberá completar a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado "Operacións realizadas", onde introducirá o NRC xerado). 
  • O pago pode realizarse de forma electrónica, no momento da confección, a través de: 
    • Domiciliación bancaria. A conta designada debe cumprir as seguintes condicións:
       - Ser propiedade do obrigado ao pago. 
       - Tratarse dunha conta á vista ou dunha conta de aforro que admita a domiciliación de pagos. 
       - Estar aberta nunha entidade de crédito autorizada para actuar como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga.
    • Cargo en conta. 
    • Pago con tarxeta de débito ou crédito mediante TPV virtual (co límite de 3.000 €).
    • Pago por Bizum

Máis información sobre o xiro postal e Bizum.

Recoñecemento de débeda e pago mediante transferencia: o contribuínte que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria previo recoñecemento da mesma, mediante transferencia bancaria.

Artigo 98 do RD 828/1995

  • Copia auténtica do documento xudicial ou administrativo a autoliquidar.
  • Modelo 600 cumprimentado.

artigo 42 do RDL 1/1993

A base impoñible será o valor do dereito ou interese garantido pola anotación.

Máis información: Preguntas frecuentes en caso de actos xurídicos documentados

Temas relacionados Temas relacionados