Imagen sección Imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (IDIRES)

Imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (IDIRES)

O imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (IDIRES) é un tributo que grava a entrega de residuos en vertedoiros, instalacións de incineración ou de coincineración para a súa eliminación ou valorización enerxética.

 

QUEN DECLARA O IMPOSTO?

Quen xestione os vertedoiros autorizados, as instalacións de incineración autorizadas ou as instalacións de coincineración autorizadas.

 

CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?

Vinte primeiros días naturais seguintes á finalización de cada trimestre natural.

 

COMO PRESENTO O IMPOSTO?

En todo caso, a presentación será electrónica, a través da Oficina Virtual Tributaria.

 

CAL É O TIPO IMPOSITIVO?

Aplícase un tipo de gravame en función do tipo de instalación e de residuos.