Imposto compensatorio ambiental mineiro
O imposto compensatorio ambiental mineiro é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia, que grava as externalidades negativas xeradas polas actividades de extracción, explotación e almacenamento de minerais metálicos.
QUEN DECLARA O IMPOSTO?
Quen altere a superficie ou o solo pola extracción, a partir de concesións de explotación de minas, e quen deposite ou almacene en vertedoiros, sitos en Galicia, os residuos mineiros procedentes da devandita extracción.
CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?
Vinte primeiros días naturais de maio e setembro.
COMO PRESENTO O IMPOSTO?
En todo caso, a presentación será electrónica, a través da Oficina Virtual Tributaria.
CAL É O TIPO IMPOSITIVO?
O tipo de gravame é de 12.500 euros por cada hectárea, cando se realice a alteración da superficie ou do solo consecuencia da extracción de minerais.
Aplícase un tipo de gravame distinto, por tonelada ou metro cúbico, en función do tipo de residuo que se almacene nos vertedoiros.