Artigos 12 e 14 de la ley 12/2014
- A alteración da superficie ou solo consecuencia da extracción a partir das concesións de explotación de minas, referidas a minerais metálicos industriais e metais preciosos, sempre que non estean dentro dos supostos de non suxeición.
- O depósito ou almacenamento en vertedoiros públicos ou privados, situados na Comunidade Autónoma de Galicia, de residuos mineiros, procedentes da extracción ou derivados do proceso de beneficio dos minerais metálicos industriais e de metais preciosos, sempre que non estean dentro dos supostos de non suxeición.
As persoas e entidades que realicen a alteración da superficie ou do solo, consecuencia da extracción de minerais metálicos industriais ou metais preciosos, e as que depositen ou almacenen os residuos mineiros en vertedoiros situados en Galicia.
- Á comunicación de inicio da actividade á Administración, ou, notificación da autorización ou autorización da modificación da instalación, almacén ou depósito de residuos mineiros.
- Ó recoñecemento do cesamento.
- Vinte primeiros días naturais do mes de setembro, para presentar un pago a conta da débeda tributaria definitiva.
- Vinte primeiros días naturais do mes de maio, para presentar a autoliquidación correspondente ao ano natural inmediato anterior, aplicando o pago a conta anterior.
Artigo 12 da Orde de 18 de decembro de 2017
En todo caso a presentación será electrónica, a través da OVT, con certificado dixital.
Previamente deben estar dados de alta como usuarios autorizados ante a Atriga.
Utilizarase o modelo 008 para a declaración de alta, baixa ou modificación de datos no Censo electrónico de concesións e instalacións de depósito ou almacenamento mineiros e o modelo 013 para as autoliquidacións.
Artigo 14 da Orde de 18 de decembro de 2017
O pago poderá realizarse de forma presencial nas entidades colaboradoras autorizadas para os pagos presenciais con NRC ou mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais, co documento de ingreso telemático presencial (Modelo 717).
Unha vez feito, deberá completarse a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado "Operacións realizadas", onde introducirá o NRC xerado).
- O pago pode realizarse de forma electrónica, no momento da confección, a través de:
- Domiciliación bancaria. A conta designada debe cumprir as seguintes condicións:
- Ser propiedade do obrigado ao pago.
- Tratarse dunha conta á vista ou dunha conta de aforro que admita a domiciliación de pagos.
- Estar aberta nunha entidade de crédito autorizada para actuar como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga. - Cargo en conta.
- Pago con tarxeta de débito ou crédito mediante TPV virtual (co límite de 3.000 €).
- Pago por Bizum
Máis información sobre o xiro postal e Bizum.
Recoñecemento de débeda e pago mediante transferencia: o contribuínte que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria previo recoñecemento da mesma, mediante transferencia bancaria.
Con carácter xeral determínase por estimación directa e está constituída por:
- Na alteración da superficie ou do solo consecuencia da extracción de minerais metálicos industriais e metais preciosos: a superficie total afectada, expresada en hectáreas alteradas e non restauradas.
- No almacenamento de residuos: as toneladas depositadas ou almacenadas de residuos sólidos e/ou os metros cúbicos de volume depositados ou almacenados de residuos non sólidos ao longo do ano.
O tipo de gravame é:
- Na alteración da superficie ou do solo como consecuencia da extracción de minerais metálicos industriais e metais preciosos: 12.500 euros por cada hectárea ou fracción de superficie alterada non restaurada.
- No almacenamento de residuos aplicarase a tarifa que corresponda ao tipo de material depositado ou almacenado:
Tipo de residuo depositado ou almacenado | Euros / tonelada ou metro cúbico |
Perigoso | 0,125 |
Non perigoso non inerte | 0,0125 |
Non perigoso inerte | 0,00625 |
Aos residuos xerados no proceso de beneficio do mineral aplicaránselle un coeficiente de incremento de 1,2.
Aos residuos procedentes de fora de Galicia aplicaránselle un coeficiente de incremento de 1,5.
Nos períodos impositivos que non coincidan co ano natural, a cota resultante ratearase en función do número de días do período impositivo.
Máis información: Como acceder á Oficina Virtual como usuario autorizado