Dano medioambiental augas encoradas
O imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia, que grava as actividades e aproveitamentos que empreguen encoros situados, en todo ou en parte, dentro do territorio galego.
QUEN DECLARA O IMPOSTO?
Quen realice actividades industriais mediante o uso ou aproveitamento de auga encorada.
CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?
Vinte primeiros días naturais seguintes á finalización de cada trimestre.
COMO PRESENTO O IMPOSTO?
En todo caso, a presentación será electrónica, a través da Oficina Virtual Tributaria.