O imposto sobre a contaminación atmosférica é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia que somete a tributación a emisión á atmosfera de calquera das seguintes substancias:

  • Dióxido de xofre e calquera outro composto oxixenado do xofre.
  • Dióxido de nitróxeno ou calquera outro composto oxixenado do nitróxeno.

O imposto sobre a contaminación atmosférica recaerá sobre as emisións nas que os seus focos se encontren situados dentro do ámbito territorial da comunidade autónoma. 

 

QUEN DECLARA O IMPOSTO?

Quen emita as sustancias contaminantes gravadas.

 

CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?

Un mes, para as autoliquidacións mensuais e, no mes de marzo de cada ano natural para a declaración do resumo anual.

 

COMO PRESENTO O IMPOSTO?

En todo caso, a presentación será electrónica, a través da Oficina Virtual Tributaria.

 

CAL É O TIPO IMPOSITIVO?

Aplícase unha escala de gravame gradual, en función das toneladas anuais de emisión.