As emisións á atmosfera de calquera das seguintes substancias:
- Dióxido de xofre ou calquera outro composto osixenado do xofre.
- Dióxido de nitróxeno ou calquera outro composto osixenado do nitróxeno.
Presumirase realizado o feito impoñible mentres as instalacións emisoras non cesen na súa actividade e tal circunstancia sexa posta en coñecemento da Administración.
- As persoas ou entidades que sexan titulares das instalacións ou actividades que emitan as substancias contaminantes gravadas.
Artigos 8 a 17 da Orde de 29 de xaneiro de 2015
Prazos para presentar as declaracións relativas ao Censo electrónico de focos emisores de substancias contaminantes:
- Un mes, para presentar a declaración de alta ou modificación de datos no Censo electrónico de focos emisores de substancias contaminantes (modelo 004), desde o día de posta en funcionamento ou modificación.
- A declaración de baixa por cesamento de actividade (modelo 004) presentarase nos dez días naturais contados desde a finalización do prazo para presentar a autoliquidación correspondente ao mes natural en que teña lugar devandito cesamento.
- No mes de xaneiro de cada ano, presentarase unha declaración de modificación dos datos dos focos emisores rexistrados no censo (modelo 004) que teñan carácter anual, se sofren variacións respecto aos datos rexistrados.
- Baixa por cambio de suxeito pasivo (modelo 004), que deberá tramitala quen fose titular do foco emisión con anterioridade á modificación: dez días naturais desde o devandito cambio.
- Alta por cambio de suxeito pasivo (modelo 004), que deberá tramitala o novo titular do foco emisor.
Prazos para presentar as autoliquidacións:
- Dentro de cada mes natural, débese presentar unha autoliquidación (modelo 002) polas emisións acumuladas emitidas ata o mes inmediato anterior, por cada foco emisor.
- No mes de marzo de cada ano natural, débese presentar unha declaración-liquidación anual (modelo 003) polas emisións emitidas no ano inmediato anterior de cada foco emisor.
Se un foco emisor non supera as 80 toneladas de emisións anuais de substancias contaminantes gravadas o ano anterior, non está obrigado a presentar o imposto por ese foco. Non obstante, se ao longo do ano se superan as 100 toneladas emitidas, deberán presentar as autoliquidacións dende ese momento.
Artigo 2 e 3 da Orde de 29 de xaneiro de 2015
En todo caso a presentación será electrónica, a través da OVT con certificado dixital.
Previamente deben estar dados de alta como usuarios autorizados.
Utilizarase o modelo 004 para a declaración de alta ou modificación de datos no centro electrónico de focos emisores de sustancias contaminantes, o modelo 002 para as autoliquidacións mensuais a conta, e o do modelo 003 para a declaración do resumo anual.
Artigo 19 da Orde de 29 de xaneiro de 2015
O pago poderá realizarse de forma presencial nas entidades colaboradoras autorizadas para os pagos presenciais con NRC ou mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais, co documento de ingreso telemático presencial (Modelo 717).
Unha vez feito, deberá completarse a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado "Operacións realizadas", onde introducirá o NRC xerado).
- O pago pode realizarse de forma electrónica, no momento da confección, a través de:
- Domiciliación bancaria. A conta designada debe cumprir as seguintes condicións:
- Ser propiedade do obrigado ao pago.
- Tratarse dunha conta á vista ou dunha conta de aforro que admita a domiciliación de pagos.
- Estar aberta nunha entidade de crédito autorizada para actuar como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga. - Cargo en conta.
- Pago con tarxeta de débito ou crédito mediante TPV virtual (co límite de 3.000 €).
- Pago por Bizum
Máis información sobre o xiro postal e Bizum.
Recoñecemento de débeda e pago mediante transferencia: o contribuínte que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria previo recoñecemento da mesma, mediante transferencia bancaria.
Artigos 8 a 10 da Lei 12/1995 e artigos 7 a 10 do Decreto 29/2000
- Dióxido de xofre, nas emisións de compostos osixenados de xofre.
- Dióxido de nitróxeno, nas emisións de compostos nitroxenados.
- Para o dióxido de xofre, en función da cantidade de combustible consumido e do tanto por un en peso de: xofre no combustible, cinzas no combustible e xofre nas cinzas.
- Para o dióxido de nitróxeno, en función da cantidade de combustible consumido, o poder calorífico superior do combustible e o factor de emisión de compostos oxidados de nitróxeno.
Aplícase a seguinte tarifa impositiva por tramos de base:
Tramos de base | Euros/tm |
---|---|
De 0 a 100'00 Tm. anuais | 0 |
De 100'01 a 1.000'00 Tm. anuais | 36 |
De 1.000'01 a 3.000'00 Tm. anuais | 50 |
De 3.000'01 a 7.000'00 Tm. anuais | 70 |
De 7.000'01 a 15.000'00 Tm. anuais | 95 |
De 15.000'01 a 40.000,00 Tm. anuais | 120 |
De 40.000,01 a 80.000,00 Tm. anuais | 150 |
De 80.000'01 Tm. anuais | 200 |
Máis información: Como acceder á Oficina Virtual como usuario autorizado