
Contaminación atmosférica
O imposto sobre a contaminación atmosférica é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia que somete a tributación a emisión á atmosfera de calquera das seguintes substancias:
- Dióxido de xofre e calquera outro composto oxixenado do xofre.
- Dióxido de nitróxeno ou calquera outro composto oxixenado do nitróxeno.
O imposto sobre a contaminación atmosférica recaerá sobre as emisións nas que os seus focos se encontren situados dentro do ámbito territorial da comunidade autónoma.
QUEN DECLARA O IMPOSTO?
Quen emita as sustancias contaminantes gravadas.
CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?
Un mes, para as autoliquidacións mensuais e, no mes de marzo de cada ano natural para a declaración do resumo anual.
COMO PRESENTO O IMPOSTO?
En todo caso, a presentación será electrónica, a través da Oficina Virtual Tributaria.
CAL É O TIPO IMPOSITIVO?
Aplícase unha escala de gravame gradual, en función das toneladas anuais de emisión.